Pobo ashanti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pobo ashanti
Flag of Ashanti.svg
Bandeira
Poboación
Poboación total:
Máis de 10 millóns
Rexións principais:
Ghana Ghana10 millóns
Aspectos culturais
LinguaTwi
RelixiónCristianismo, relixións tradicionais africanas, islam
Grupos
relacionados
Akan, fanti

Os ashantis son un dos principais grupos étnicos da Rexión Ashanti, en Ghana. Os ashantis falan ashanti, tamén chamado twi, unha lingua akan semellante ao fanti.

Antes da colonización europea, os ashantis desenvolveron un importante imperio na África Occidental. Posteriormente, desenvolveron a poderosa Confederación Ashanti e tornáronse dominantes na rexión.

Mapa de Ghana de 1896.

Os ashantis están instalados na parte central de Ghana nos días actuais, a cerca de trescentos quilómetros da costa. Actualmente os ashantis suman preto de 7 millóns de persoas (cerca do 30% da poboación de Ghana. O seu poder político ten flutuado desde a independencia de Ghana, mais continúan a ser amplamente influentes. O actual presidente ganense, John Agyekum Kufuor é ashanti. Kumasi, a capital da actual rexión Ashanti, tamén foi a histórica capital do Reino Ashanti. A rexión Ashanti conta cunha poboación de 3 612 950 habitantes, sendo a división administrativa máis poboada de Ghana.

Situados ao nordeste de Kumasi, a capital da rexión Ashanti, os edificios tradicionais feitos de terra, madeira e palla, vulnerábeis ao tempo, e que constitúen os únicos vestixios da antiga civilización ashanti, foron inscritos pola UNESCO, en 1980, na lista dos sitios considerados Patrimonio Mundial.

Importancia[editar | editar a fonte]

É unha sociedade caracterizada pola igualdade de xéneros e o respecto ás mulleres, da que non se atopou ningún rastro que indique que houbese ningunha violación. No pobo ashanti a violación non é aceptábel de ningunha maneira, baixo ningunha circunstancia. Non existe nel cultura da violación.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Andrew Lawrence Spivak, Dissertation: Evaluating Theories of Sexual Violence Using Rape Offenses in the National Crime Victimization Survey and the National Incident Based Reporting System. University of Oklahoma, 2007 ISBN 9780549397175 (inglés)
  2. Robert Sutherland Rattray, Ashanti, Negro Universities Press, 1923 (inglés)