Počitelj

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°08′00″N 17°44′00″L / 43.13333, -17.73333

Počitelj
Počitelj (collage).jpg
Localización
Počitelj en Bosnia e Hercegovina
Počitelj
Počitelj
PaísBosnia e Hercegovina Bosnia e Hercegovina
ProvinciaFederación de Bosnia e Hercegovina
MunicipioČapljina
Demografía
Poboación905 hab. (1991)

Počitelj (en cirílico: Почитељ) é unha vila situada no municipio de Čapljina, na Federación de Bosnia e Hercegovina, Bosnia e Hercegovina. O lugar histórico de Počitelj está situado na ribeira esquerda do río Neretva.

Descrición[editar | editar a fonte]

Situada ao sur de Mostar, é famosa pola súa arquitectura musulmá cunha mesquita, unha madrasa e casas turcas. Extráese aluminio dunha explotación de bauxita dende 1976, empregando enerxía dunha central hidroeléctrica próxima.

Turismo[editar | editar a fonte]

O castelo de Počitelj, construído en 1444, é un dos principais puntos de interese da vila; ofrece unha ampla vista do val do río Neretva.

A mesquita de Šišman Ibrahim-Paša, construída entre 1562 e 1563, danada durante a Guerra dos Balcáns[1] foi restaurada. A torre do reloxo data do 1664.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gort, Jerald (2002). Religion, Conflict and Reconciliation: Multifaith Ideals and Realities. Rodopi. p. 347. ISBN 90-420-1460-1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]