Saltar ao contido

Pneumotórax

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pneumotórax
Rx de tórax dun pneumotórax esquerdo a tensión
Instancia dedoenza rara, sinal clínica e clase de doenza Editar o valor en Wikidata
Subclase dedoenza pleural, enfisema e doenza Editar o valor en Wikidata
Síntomasdor torácica, dispnea e tos seca Editar o valor en Wikidata
Especialidade médicamedicina de urxencia, pneumoloxía e cirurxía torácica Editar o valor en Wikidata
Tratamentos posiblesdrenaxe pleural, tratamento conservador e pleurodese Editar o valor en Wikidata
Exames médicosradiografía de tórax, ecografía e tomografía computadorizada Editar o valor en Wikidata
Descrito pola fonte
Identificadores
MeSHD011030 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC38006 Editar o valor en Wikidata
CIAP-2R99 Editar o valor en Wikidata
DiseasesDB10195 Editar o valor en Wikidata
MedlinePlus000087
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Wikidata ] C:Commons ]
Tomografía computadorizada do tórax amosando pneumotórax esquerdo (lado dereito da imaxe). Unha drenaxe obsérvase in situ, entre a cavidade pleural e as costelas.

pneumotórax[1] é a entrada de aire no espazo (virtual no san) interpleural: entre a pleura visceral e a parietal.[2][3][4]

Orixina un colapso pulmonar de maior ou menor magnitude, coa súa correspondente repercusión na mecánica respiratoria e hemodinámica do paciente, onde a orixe pode ser externa (perforación na caixa torácica) ou interna (perforación nun pulmón).[5][6] Pola descrición da súa dor, en localización e intensidade, pode ser confundido cunha anxina de peito ou un infarto de miocardio.

Aínda que non supón un gran risco -coa debida atención hospitalaria- para a vida da persoa, o diagnóstico debe ser rápido e a súa atención case inmediata, xa que ademais do colapso pulmonar e a debida perda de osíxeno, a formación dun pneumotórax a tensión (onde o aire entra no espazo interpleural pero non sae) pode ser fatal en moi pouco tempo, ó ir comprimindo o outro pulmón e o corazón.

Etioloxía

[editar | editar a fonte]

Segundo a causa que desencadee o pneumotórax, pode ser:

  • Traumático: A causa do pneumotórax débese a un traumatismo (xa sexa aberto ou pechado) que provoca a entrada de aire entre as dúas capas da pleura. Estes, á súa vez poden clasificarse en iatroxénicos (por procedementos médicos) e en non iatroxénicos. Por exemplo, o que puidese causar unha costela rota ó rachar a pleura.
  • Espontáneo: O pneumotórax aparece sen ningún traumatismo previo. Podemos distinguir entre pneumotórax espontáneo primario (se non hai doenza pulmonar subxacente) ou pneumotórax espontáneo secundario (se o paciente sufría algún tipo de neumopatía previa). Hai que descartalo sempre ante calquera dor torácica ou dispnea de aparición brusca. A clínica e a exploración poden ser moi inaparentes. A aparición destes neumotórax adoita darse coa formación dunhas burbullas na pleura visceral (bulas), que rompan de súpeto orixinándoos.

O paciente do pneumotórax espontáneo adoita presentar un perfil de alta estatura, superior ós 180 cm, complexión delgada, pulmóns grandes e alongados, e unha idade de entre 20 e 30 anos, a maior incidencia segundo menor é a idade neste rango, e cun risco case 5 veces maior en homes. Ademais, afeccións como a asma poden axudar á formación destes, así como o tabaco chega a multiplicar por 22 o risco de que se produzan en homes e por 9 en mulleres.[7]

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Segundo o grao de afectación pulmonar, denomínase:

  • Laminar
  • Moderado
  • Masivo
  • A tensión
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pneumotórax.
  2. eMedicine
  3. Bassano, Nicolás (2009). "Guía clínica de neumotórax simple en el primer episodio (NSPE)" (PDF) (en castelán). Hospital Provincial Neuquén. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de xullo de 2015. Consultado o 23 de maio de 2015. 
  4. Peñalver Mellado, C.; Lorenzo Cruz, M.; Sánchez Gascón, F. "Neumotórax" (PDF) (en español). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de marzo de 2016. Consultado o 23 de maio de 2015. 
  5. Enciclopedia ilustrada Cumbre, Editorial Cumbre.
  6. "Neumotórax" (PDF). Revista Argentina de Medicina Respiratoria. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de xullo de 2015. Consultado o 10 de abril de 2017. 
  7. "Alteraciones broncopulmonares del tabaquismo". Servicio de Pneumología. Hospital de Galdakao.