Pleuronectes putnami
Pleuronectes putnami Solla lisa | |||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||||
Pleuronectes putnami (Gill, 1864) |
Pleuronectes putnami é un peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos pleuronectinos,[1] unha das tres que integran actualmente o xénero Pleuronectes,[2] coñecida en galego como solla lisa.[3]
É un pequeno peixe plano (de até 30 cm), mariño, demersal, que habita en augas costeiras pouco profundas, temperadas, salgadas e salobres, até os 27 m de profundidade, no noroeste do Atlántico, desde o Quebec (Canadá), até o estado de Rhode Island (Estados Unidos).[4]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1964 polo ictiólogo estadounidense Theodore Gill, baixo o nome de Euchalarodus putnami.[1] O xénero Euchalarodus (hoxe obsoleto), e a especie E. putnami, foron descritos por Gill nese ano nun traballo publicado nas páxinas 216-221 da revista Proc. Acad. nat. Sci. Philad.[5]
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome actualmente válido, e polo orixinario que lle deu Gill, a especie coñécese tamén polos seguintes sinónimos:[1]
- Limanda putnami (Gill, 1864)
- Liopsetta putnami (Gill, 1864)
Algunhas autoridades consideran como válido o nome Liopsetta putnami, como a Animal Diversity Web,[6], ou Evseenko,[7] e este nome é o que recollen tamén Lahuerta e Vázquez no seu Vocabulario Multilingüe.[3] pero a maioría dos autores considersan como o actualmente válido o nome Pleuronectes putnami.[1][4][8]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome específico, putnami, é unha homenaxe ao oficial da mariña estadounidense e explorador do ártico Charles Putnam (1854–1882).[Cómpre referencia]
Características
[editar | editar a fonte]A solla lisa é un peixe plano de até os 30 cm de lonxitide,[9] cos dous ollos situados no lado dereito do corpo. A coloración do lado superior, incluíndo as aletas, varía da gris escuro á parda ou case negra, e pode ser uniforme ou salferida con manchas máis escuras da mesma cor; o lado inferior é branco. As escamas das femias son lisas en ambos os lados do corpo, mentres que as dos machos son ásperas na parte superior.[10]
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]Pleuronectes putnami é un peixe mariño, demersal, que habita en augas costeiras pouco profundas, temperadas, salgadas e salobres, entre os 20 e os 30 m de profundidade, en baías protexidas, e estuarios e desembocaduras dos ríos,[11]
A súa distribución abarca as costas do noroeste do Atlántico, entre os 60° N e os 41° N, polas provincias do Quebec, Terra Nova e Labrador, Nova Escocia, Illa do Príncipe Eduardo, no Canadá, e os estados de Maine, Nova Hampshire, Massachusetts e Rhode Island, dos Estados Unidos).[4][10]
Alimentación
[editar | editar a fonte]A dieta da solla lisa consiste sobre todo en organismos zoobentónicos: invertebrados como crustáceos, moluscos e veremes mariños.[11]
Pesca
[editar | editar a fonte]Pleuronectes putnami captúrase na zona de pesca 21 (Atlántico noroeste).[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Pleuronectes putnami (Gill, 1864) no WoRMS.
- ↑ Pleuronectes Linnaeus, 1758 no WoRMS.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 82.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Pleuronectes putnami (Gill, 1864) en FishBase.
- ↑ Genus Euchalarodus Gill, 1864 en The Taxonomicon.
- ↑ Liopsetta putnami na ADW
- ↑ Evseenko, S. A. (2004): "Family Pleuronectidae Cuvier 1816. Righteye flounders". Calif. Acad. Sci. Annotated Checklists of Fishes (37): 37.
- ↑ Pleuronectes putnami no SIIT.
- ↑ Robins, C. R. & G. C. Ray (1986): A field guide to Atlantic coast fishes of North America. Boston, USA: Houghton Mifflin Company.
- ↑ 10,0 10,1 Bigelow, Henry B. & Schroeder, William C. (1953): Fishes of the Gulf of Maine, volume 53. Fishery Bulletin 74. Washington: United States Government. Consultado o 25-07-2015.
- ↑ 11,0 11,1 Coad, B. W. & J. D. Reist (2004): "Annotated list of the arctic marine fishes of Canada". Can. MS Rep. Fish Aquat. Sci. 2674: iv+112 p.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cooper, J. A. & F. Chapleau (1998): "Monophyly and intrarelationships of the family Pleuronectidae (Pleuronectiformes), with a revised classification". Fish. Bull. 96 (4): 686-726.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.