Pleuródiros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Pleurodiros")
Pleuródiros
(Pleurodira)
Chelus fimbriatus 2005.jpg

Chelus fimbriatus

Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Reptilia
Orde: Testudines
Suborde: Pleurodira Cope, 1865 [1]
Familias

Os pleuródiros ou pleurodiros (Pleurodira) son unha suborde de tartarugas do hemisferio sur que se identifican pola súa maneira de volver o pescozo para dar volta á súa cabeza na cuncha. Estas tartarugas deben dobrar o seu pescozo sobre o lado, formando un S horizontal, máis que dobralo cara arriba no plano vertical da cobertoira directamente sobre a columna vertebral, como fai a outra suborde dos Testudines, a dos criptódiros. O funcionamento das queixadas tamén serve para distinguir estas dúas subordes.

Distribución[editar | editar a fonte]

Entre as familias, a que ten representantes na actualidade (Chelidae) vive en rexións coma Sudamérica, Australia e Nova Guinea. As especies da superfamilia Pelomedusoidea atopámolas no continente africano e en Norteamérica. Esta distribución e a dos fósiles, nesta suborde, explícase pola deriva continental.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Suborde Pleurodira

Familia Proterochersidae (extinta)
Familia Chelidae
Familia Araripemydidae (extinta)
Superfamilia Pelomedusoidae
Familia Pelomedusidae
Familia Bothremydidae (extinta)
Familia Podocnemididae

Sistemática[editar | editar a fonte]

A clasificación presentada aquí é a de Maylan e Ganko (1997) e Lapparent de Broin (2000).[2]


--o Casichelydia
  |--o Cryptodira Dumeril & Bibron, 1835
  `--o Pleurodira 
     `--o ...
        |--o Chelidae
        |  |--o Chelodininae
        |  `--o
        |     |--o Hydromedusinae
        |     `--o Chelidinae
        `--o Pelomedusoides Cope, 1868
           |--o †Araripemydidae Price, 1973
           `--o Pelomedusoidea Cope, 1868
              |--o Eusarkiidae
              |--o Pelomedusidae
              `--o Podocnemoidea Cope, 1868
                 |--o †Bothremydidae Baur, 1891
                 `--o Podocnemidae Cope, 1868
                    `--o ...
                       |-- Podocnemis
                       `--o Erymnochelyinae

Estas subordes inclúen as famiias de tartarugas seguintes:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rhodin (2011)
  2. Pleurodira''en Mikko's Phylogeny Archive. Consultada o 31/10/2012.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Mello-Leitão, C. (1937): Zoo-geografia do Brasil. São Paulo: Companhia Editora Nacional. (en portugués)
  • Padilla Álvarez, F. e Cuesta López, A. (2003): Zoología aplicada. Madrid: Díaz de Santos. (en castelán)
  • Rhodin, Anders G. J., van Dijk, Peter Paul, Inverson, John B., Shaffer, H. Bradley e Roger, Bour (2011): "Turtles of the world, 2011 update: Annotated checklist of taxonomy, synonymy, distribution and conservation status". Chelonian Research Monographs 5 Artigo en PDF (en inglés) Consultado o 31/10/2012.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]