Pleura (insectos)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A pleura (do grego antigo πλευρά pleurá, "costado", "flanco", "costela") é un esclerito lateral do segmento torácico dun insecto, entre o tergo e o esterno.[1]

Os prefixos pro-, meso- e meta- utilízanse, respectivamente, para antepoñer á palabra pleura ás pleuras do primeiro, segundo e terceiro segmentos torácicos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Zombori, L.; Henrik Steinmann (1999). Dictionary of insect morphology, Volume 4 (Handbuch der Zoologie. Teilband 34) (En inglés). Walter de Gruyter. p. 177. ISBN 978-3-11-014898-5. Consultado o 1 de decembro de 2016.