Platypelis saikamavo é unha especie de anfibioanuro da familia Microhylidae, endémica de Madagascar. Foi descrita cientificamente no ano 2024[1] e pertence ao xénero Platypelis, composto por ras de pequeno tamaño asociadas principalmente a hábitats forestais húmidos.
Platypelis saikamavo é un anfibio de pequeno tamaño con lonxitude do corpo dende o fociño ata a cloaca de aproximadamente 28–31 mm. Presenta tubérculos superciliares e unha combinación única de caracteres morfolóxicos e cromáticos, incluíndo cores brillantes ao redor das insercións dos membros e na zona posterior do abdome.