Plato and a Platypus Walk Into a Bar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Plato and a Platypus Walk Into a Bar (Platón e un ornitorrinco entran nun bar) é un libro escrito por Thomas Cathcart e Daniel Klein e publicado en 2007. O libro fala e explica os conceptos da filosofía a través de chistes. Dá unha visión divertida dá filosofía, ademais serve para aprender sobre esta disciplina.

Introdución[editar | editar a fonte]

O libro comeza cunha introdución a que lle chaman “Filochistes” onde explica de forma filosófica unha serie de chistes, como por exemplo o que di:

Morty chega a súa casa e encontrase a súa muller e o seu mellor amigo espidos, na cama. Xusto cando Morty está a piques de dicir algo, Lou levantase da cama dun salto e di:
-Espera, espera, colega, a quen vas crer, ós teus ollos ou a min?

Deste chiste di que expresa o núcleo mesmo da filosofía empirista inglesa. Lou propón a cuestión de que tipo de datos son verdadeiros e porqué.

Capítulos[editar | editar a fonte]

O primeiro capítulo fala sobre a Metafísica, que é a que formula as preguntas, como "Que é o ser?" ou "Cal é a natureza da realidade?" Dentro do apartado da Metafísica, o libro, divide o capítulo en teleoloxía, existencialismo, racionalismo, infinitude e eternidade, determinismo e libre albedrío e filosofía do proceso, explicando cada concepto por medio de chistes, claro, por exemplo, un dos chistes que utilizan Cathcart e Klein para explicar a infinidade e a eternidade é:

Un médico dille a unha muller que lle quedan seis meses de vida.
-Podo facer algo?, quere saber ela.
-Si, en realidade... -dille o médico-, podería casar cun inspector de Facenda.
-E iso aliviaría a miña enfermidade?-, pregunta a muller.
-En absoluto! -di o doutor-. Pero fará que eses seis meses lle parezan unha eternidade!

Deste chiste explica que mestura o concepto de eternidade co de relatividade. Formula a pregunta filosófica "Como algo finito pode ser análogo a algo infinito?"

No segundo capítulo fala da lóxica. Este capítulo tamén o divide en apartados: A lei da non contradición, razoamento ilóxico, lóxica indutiva, falsación, lóxica dedutiva, argumento indutivo por analoxía, a falacia Post hoc ergo propter hoc, a falacia de Montecarlo, argumento circular, argumento a partir do respecto á autoridade, o paradoxo de Zenón e semánticas.

No terceiro capítulo fálase da Epistemoloxía ou Teoría do coñecemento. Se te fas a pregunta "Como sabes que sabes o que pensas que sabes?", e a resposta é "Simplemente, seino, todo o demais é epistemoloxía". As partes en que está dividida este capítulo son: razón contra revelación, empirismo, método científico, idealismo alemán, filosofía da matemática, pragmatismo e fenomenoloxía.

Segundo o libro, a filosofía das matemáticas é bastante técnica e difícil. Di que hai que ter en conta que en cuestión de matemáticas existen tres tipos de persoas: as que saben contar e as que non.

O cuarto capítulo fala sobre a Ética. A parte da filosofía que se encarga de preguntarse o que é bo e o que é malo. Como todos, este tamén está dividido en subapartados.

O primeiro deles é a ética absolutista: lei divina. Neste apartado explica que segundo a lei divina a ética é moi fácil xa que Deus é o que nos di o que está ben e o que está mal, pero tamén se fai unha serie de preguntas que nos fan pensar sobre isto como por exemplo: "Como podemos estar seguros do que pensa realmente Deus?"

O tema do quinto capítulo é a filosofía da relixión. O último dos subapartados fala da filosofía cabeza oca, coñecida máis tarde como Filosofía New Age. Explica a súa orixe e as súas crenzas, coma a crenza na vida extraterrestre.

O seguinte capítulo fala do Existencialismo. Este capítulo aparece sen apartados.

O capítulo sete titúlase Filosofía da linguaxe, e está dividido en tres apartados.

No oitavo capítulo falase da filosofía social e política, a que se pregunta porqué necesitamos un goberno ou como deberían distribuírse os bens.

O capítulo nove trata dobre a relatividade.

O derradeiro capítulo fala da Metafísica, a filosofía da filosofía.

O libro remata cunhas páxinas conclusivas sobre todo o que se aprendeu co libro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]