Saltar ao contido

Plasma de quarks e gluóns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Plasma de quarks e gluóns
 Instancia de
 Subclase de
 Composto por
 Caracterizado por
Datas
 Descuberta / invención
10 de febreiro de 2000 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Precedido por
 Sucedido por
Localización
 Lugar de descuberta
Identificadores
Freebase/m/03q5_f Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2292967 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O plasma de quark e gluóns (en inglés QGP, quark-gluon plasma) é unha fase da cromodinámica cuántica (en inglés QCD, quantum chromodynamics) que xorde a altas temperaturas e densidades.[1] Crese que este estado consiste nunha colectividade de quarks e gluóns asintoticamente libres. Na teoría do Big Bang, o plasma de quarks e gluóns enchía todo o universo antes que a materia como a coñecemos fose creada, durante o primeiro microsegundo. As teorías que predín a existencia do plasma de quarks e gluóns se desenvolveron a finais da década de 1970 e a principios da década de 1980[2][3][4][1]. As discusións ao redor da experimentación de ions pesados seguiron o exemplo e as primeiras propostas de experimentos presentáronse no CERN e BNL nos anos seguintes. O plasma de quarks e gluóns detectouse por primeira vez no laboratorio no CERN no ano 2000.

Propiedades

[editar | editar a fonte]

Termodinámica

[editar | editar a fonte]

A temperatura de transición da materia hadrónica normal ao estado de plasma de quarks e gluón está en torno a T=175 MeV, equivalente a unha densidade de enerxía preto de 1 GeV/fm³, segundo cálculos de QCD no retículo. As condicións de temperatura iniciais acadadas nos sistemas experimentais producidos en colisións de núcleos no RHIC e no LHC están polo menos un factor 10 por enriba desta temperatura crítica de transición.

Coeficientes de transporte

[editar | editar a fonte]

O percorrido libre medio de quarks e gluóns no QGP foi calculado con métodos perturbativos da QCD, así como con aproximacións baseadas na teoría de cordas. O pequeno valor medido no RHIC e no LHC do segundo coeficiente de Fourier (chamado fluxo elíptico) da distribución acimutal de partículas en colisións de núcleos indica unha conversión moi eficiente dos gradientes de presión iniciais do sistema cara ao estado final. Este resultado só pode ser reproducido por cálculos hidrodinámicos que inclúen unha viscosidade do QGP moi baixa. O QGP compórtase, pois, como un líquido case perfecto.

  1. Kapusta, Joseph I.; Müller, Berndt; Rafelski, Johann, eds. (2003). Quark-gluon plasma: theoretical foundations; an annotated reprint collection. Amsterdam London Heidelberg: Elsevier. ISBN 978-0-444-51110-2. 
  2. Satz, H., ed. (1981). Statistical mechanics of quarks and hadrons: proceedings of an international symposium held at the University of Bielefeld, F.R.G., August 24-31, 1980. Amsterdam ; New York : New York, N.Y: North-Holland ; Sole distributors for the U.S.A. and Canada, Elsevier North-Holland. ISBN 978-0-444-86227-3. 
  3. "INSPIRE". inspirehep.net. Consultado o 2025-11-13. 
  4. "INSPIRE". inspirehep.net. Consultado o 2025-11-13. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]