Plano Real

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Plano Real foi un plano levado a cabo polo Goberno do Brasil entre os anos de 1993 e 1999, co obxectivo de reestruturar e estabilizar a economía por medio da substitución do padrón monetario, dunha moeda corroída polo proceso inflacionista descontrolado (de feito, o país xa se encontraba en estado de hiperinflación) que sucedía á época, para un padrón novo, máis confiábel, e por medio da adopción dun novo paradigma de xestión das contas públicas.[1]

Despois dun proceso de elaboración, que se iniciou case un ano antes, por unha comisión de economistas que foi convocada directamente polo ministro da facenda e que recibía total apoio político e institucional do ministro e do presidente da república, en 28 de febreiro de 1994 foi publicada a medida provisória nº 434, que instituíu a URV (unidade real de valor), un padrón de valor monetario mais non unha moeda de per se, para funcionar paralelamente á moeda corrente, o cruzeiro real.[1][2]

O plano foi influenciado polas ideas do economistas John Maynard Keynes, que ensinaba que o estado debería intervir directamente na economía dun país, co obxectivo de estabelecer ou restabelecer o ambiente de crecemento, pero a fórmula de transición do cruzeiro real para o real, a URV, era unha aplicación práctica da lei de Gresham, na que, cando hai dúas moedas en curso e entre elas fica estabelecido artificialmente un factor de sobrevaloración en favor cunha delas, malia que a cambio fixo, a moeda subvalorada tede a ser paulatinamente substituída.[3][4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "20 anos depois: quem são os donos do plano Real?" (en portugués). Carta Capital. Consultado o 3 de febreiro de 2016. 
  2. "Medida Provisória nº 434/1994" (en portugués). Consultado o 3 de febreiro de 2016. 
  3. Silva Fernandes, André Eduardo. "Distribuição de renda e crescimento econômico: uma análise do caso brasileiro" (PDF) (en portugués). Consultado o 3 de febreiro de 2016. 
  4. Mehta, B.K. (2000). Principles of Money and Banking (en inglés). Nova Deli. p. 55. 
  5. Giambiagi, Fabio; Arruda Villela, André; Barros de Castro, Lavínia; Hermann, Jennifer (2005). Economia brasileira contemporânea (en portugués). Rio de Janeiro: Elsevier Brasil. p. 275. ISBN 85-352-1415-1. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]