Planck (observatorio espacial)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Planck (satélite)»)
Planck
Modelo do satélite Planck
TipoCientífico
FabricanteAlcatel Space Systems, Astrium GmbH, Alenia Spazio
OrganizaciónESA
Destino actualEn órbita de halo no punto L2 do sistema Terra-Sol.[1]
Data de lanzamento14 de maio de 2009, 13:12 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorAriane 5 ECA[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Kourou, rampla ELA-3[3][6]
Obxectivo da misiónEstudo do fondo cósmico de microondas.[3][6]
NSSDC ID2009-026B
Masa1800,0 kg[5]

Planck, previamente coñecido como COBRAS-SAMBA, foi un observatorio espacial lanzado o 14 de maio de 2009 mediante un foguete Ariane 5 ECA xunto co observatorio Herschel desde o Centro Espacial de Kourou para estudar a radiación cósmica de fondo de microondas (RCFM).[2][3][5][6] Entre o 12 de agosto de 2009 e o 23 de outubro de 2013, escaneou o ceo enteiro en lonxitudes de onda de microondas e submilimétricas, producindo mapas en nove canais entre os 30 GHz e os 857 GHz[7].

Contribucións científicas[editar | editar a fonte]

Planck foi a terceira misión de clase Media da Axencia Espacial Europea (ESA) do Programa Científico Horizon 2000 co obxectivo principal de estudar o fondo cósmico de microondas, a luz remanente do Big Bang cuxa análise leva a un mellor coñecemento dos inicios do Universo. Planck continuou a saga de observatorios espaciais -- iniciada polo satélite COBE en 1989 e continuada polo satélite WMAP no 2001 -- adicados a medir a anisotropía do fondo cósmico de microondas.[3][5][6]. A diferenza dos seus predecesores, Planck foi tamén quen de medir as anisotropías da polarización da RCFM, o cal proporcionou información adicional de importancia para os estudos da reionización do Universo[8], de fenómenos astrofísicos na Vía Láctea[9] ou para medir a lentificación gravitacional asociada coa estrutura a grande escala do Universo[10], entre outros avances. A análise conxunta dos datos obtidos en intensidade e polarización permitiu determinar cunha precisión superior ao 1% o valor de cinco dos seis parámeteros do modelo cosmolóxico estándar, ΛCDM[8].

Órbita[editar | editar a fonte]

A nave foi lanzada a unha órbita de halo arredor do punto de Lagrange L2 do sistema Terra-Sol, a uns 1,5 millóns de quilómetros da Terra, un sitio adecuado para facer as observacións necesarias no infravermello distante e en lonxitudes de onda submilimétricas.

Nave[editar | editar a fonte]

Planck tiña forma aproximadamente cilíndrica con 4,20 m de altura e 4,22 m de diámetro. Usaba un espello primario de 1,9 x 1,5 m para alimentar os seus dous instrumentos e pesaba 1,95 toneladas ao lanzamento. Estabilizábase mediante xiro, a 1 r.p.m. O sistema de propulsión constaba de 12 propulsores de 20 N de pulo cada un e 4 propulsores de 1 N. A enerxía eléctrica era proporcionada por un panel solar cunha superficie de 13 m2 situado na parte posterior da nave e que alimentaba unhas baterías de ión litio de 39 Ah de capacidade.[3][5][6][11]

Instrumentos[editar | editar a fonte]

Planck levaba dous instrumentos a bordo:[3][5][6]

  • Low-Frequency Instrument (LFI, Instrumento de Baixa Frecuencia): consta de 56 receptores de radio sensibles a frecuencias de entre 30 e 100 GHz. O instrumento ten que funcionar a unha temperatura de 20 K, proporcionando unha resolución angular de 10 minutos de arco e unha sensibilidade de 12 microKelvin.
  • High-Frequency Instrument (HFI, Instrumento de Alta Frecuencia): contén 56 bolómetros sensibles a frecuencias de entre 100 e 850 GHz. Arrefriábase a 0,1 K, proporcionando unha resolución angular de 5 minutos de arco e unha sensibilidade de 5 microkelvin.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "PLANCK" (en inglés). Consultado o 23 de abril de 2016. 
  2. 2,0 2,1 "Letter dated 5 March 2010 from Head of the Legal Department of the European Space Agency to the Secretary-General" (PDF) (10-54673). 22 de xuño de 2010: 5. Consultado o 23 de abril de 2016. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (12 de febreiro de 2016). "Planck" (en inglés). Consultado o 23 de abril de 2016. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Planck" (en inglés). Consultado o 23 de abril de 2016. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Planck" (en inglés). Consultado o 23 de abril de 2016. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Mark Wade (2011). "Planck" (en inglés). Consultado o 23 de abril de 2016. 
  7. Planck Collaboration; Akrami, Y.; Arroja, F.; Ashdown, M.; Aumont, J.; Baccigalupi, C.; Ballardini, M.; Banday, A. J.; Barreiro, R. B. (2018-07-17). "Planck 2018 results. I. Overview and the cosmological legacy of Planck". arXiv:1807.06205 [astro-ph]. 
  8. 8,0 8,1 Planck Collaboration; Aghanim, N.; Akrami, Y.; Ashdown, M.; Aumont, J.; Baccigalupi, C.; Ballardini, M.; Banday, A. J.; Barreiro, R. B. (2018-07-17). "Planck 2018 results. VI. Cosmological parameters". arXiv:1807.06209 [astro-ph]. 
  9. Planck Collaboration; Aghanim, N.; Akrami, Y.; Alves, M. I. R.; Ashdown, M.; Aumont, J.; Baccigalupi, C.; Ballardini, M.; Banday, A. J. (2018-07-17). "Planck 2018 results. XII. Galactic astrophysics using polarized dust emission". arXiv:1807.06212 [astro-ph]. 
  10. Planck Collaboration; Aghanim, N.; Akrami, Y.; Ashdown, M.; Aumont, J.; Baccigalupi, C.; Ballardini, M.; Banday, A. J.; Barreiro, R. B. (2018-07-17). "Planck 2018 results. VIII. Gravitational lensing". arXiv:1807.06210 [astro-ph]. 
  11. ESA, ed. (2016). "Vital Stats" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2016. Consultado o 23 de abril de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]