Saltar ao contido

Plagiopyla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Plagiopyla
 Nome taxon
    Plagiopyla
 Instancia de
Características
 Categoría taxonómica
 Subdivisións
Clasificación taxonómica
 FiloCiliophora
 ClasePlagiopylea
 OrdePlagiopylida
 FamiliaPlagiopylidae
 XéneroPlagiopyla Editar o valor en Wikidata
F.Stein, 1860 Plagiopyla Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0660803 Editar o valor en Wikidata
OTT179393 Editar o valor en Wikidata
CoL63LWM Editar o valor en Wikidata
EOL2909708 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Plagiopyla é un xénero de protozoos ciliados.[1] Comprende nove especies.[2][3]

Son anaerobios que se encontran en hábitats sapropélicos, que presentan hidroxenosomas en lugar de mitocondrias e asociacións simbióticas con arqueas metanóxenas do xénero Methanolobus, que parece que é o que lles permite vivir nos seus ambientes anóxicos e mellora a súa taxa de crecemento. Os simbiontes metanóxenos están situados en grupos entre os hidroxenosomas. P. frontata pode chegar a ter 3.000 metanóxenos endosimbiontes por célula, os cales se benefician atopando refuxio no ciliado, evitando a competición con bacterias redutoras de sulfato, evitando o contacto co oxíxeno e aproveitando no seu metabolismo o hidróxeno dos hidroxenosomas. A división do metanóxeno é sincrónica coa do ciliado. Pódense cultivar os Plagiopyla utilizando bacterias illadas do seu medio ou de cepas cultivadas. O seu nome procede do grego plagios, oblicuo, e pylon, porta, cancela, o que fai referencia á súa abertura oral oblicua coas paredes cubertas de extensións das súas cinetias somáticas. Poden encontrarse en sedimentos e poden estender a súa distribución ascendendo pola columna de auga cando cambia a oxiclina ao longo das estacións. Aliméntanse de bacterias e poden consumir ata 4.000 bacterias por hora (o que non é moito comparado con outros ciliados) e a súa taxa de crecemento no laboratorio é lenta, un 25% da típica nos ciliados aerobios (e na natureza é máis lenta), polo que non son moi abundantes nos seus hábitat.[4]

  1. ↑ T. Stoeck, W. Foissner & D. H. Lynn (2007). "Small-subunit rRNA phylogenies suggest that Epalxella antiquorum (Penard, 1922) Corliss, 1960 (Ciliophora, Odontostomatida) is a member of the Plagyopylea". Journal of Eukaryotic Microbiology 54 (5): 436–442. PMID 17910688. doi:10.1111/j.1550-7408.2007.00283.x.
  2. ↑ R. Großkopf, P. H. Janssen & W. Liesack (marzo de 1998). "Diversity and structure of the methanogenic community in anoxic rice paddy soil microcosms as examined by cultivation and direct 16S rRNA gene sequence retrieval". Applied and Environmental Microbiology 64 (3): 960–969. PMC 106352. PMID 9501436.
  3. ↑ WoRMS (2009). "Plagiopyla Stein, 1860". World Ciliophora Database. World Register of Marine Species. Consultado o 1 de xuño de 2010.
  4. ↑ Denis H. Lynn. The Ciliated Protozoa: Characterization, Classification, and Guide to the Literature. 3ª edición. Capítulo 14. Google books.