Placido Casangian
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 15 de outubro de 1828 |
| Morte | c. 1883 |
| Arcebispo titular | |
| 26 de agosto de 1881 – Diocese: arcebispado de Selimbria | |
| Arcebispo católico | |
| 21 de novembro de 1864 – | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica e Igrexa católica armenia |
| Actividade | |
| Ocupación | sacerdote católico |
| Orde relixiosa | Orde de Santo Antón dos Monxes Armenios |
| Consagración | Gregorio Pedro VIII Ter Astowaçatowrean |
Placido Casangian[1] (en armenio: Սուքիաս Գազանճեան), nado o 15 de outubro de 1828 en Constantinopla e finado c. 1883, foi un eclesiástico católico armenio, arcebispo de Antioquía, e padre conciliar no Concilio Vaticano Primeiro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu o 15 de outubro de 1828. O 14 de setembro de 1864 foi nomeado arcebispo, e recibiu a consagración episcopal o seguinte 21 de novembro de mans do patriarca Gregorio Pedro VIII. Foi abade xeral da Orde de Santo Antón dos Monxes Armenios, e como tal padre conciliar no Concilio Vaticano Primeiro.[2]
En 1872 publicou en Constantinopla a obra Risposta finale degli Orientali agli Occidentali, na que avogaba pola causa cismática, e que foi incluída no Index Librorum Prohibitorum o 12 de marzo de 1873.[3]
Posteriormente reconciliouse coa Santa Sé, e o 26 de agosto de 1881 foi nomeado arcebispo titular de Selymbria.[4] Finou pouco despois, c. 1883.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tamén citado como Suk'ias Gazančean, Suk'ias Gazanöean, Placidus Casangian, Placido Kasangian, Soukias Cazandjian.
- ↑ Catalogo alfabetico di tutti i padri del Concilio Io Ecumenico Vaticano. Osservatore Romano. 1870. p. 10.
Casangian Placido, Arciv. di Antiochia (Rito Armeno), Abate Gen. dei Monaci Antoniani-Armeni.
- ↑ La Scienza e la fede 89. Vincenzo Manfredi. 1873. p. 74.
Casangian Placido (qui sibi iniuria usurpat titulum Archiepiscopi Armeni Catholici Antiochiae et Abbatis Generalis Ordinis Antoniani), Risposta finale degli Orientali agli Occidentali, 1872. - Decr. S. O. Feria IV die 12 Martii 1873.
- ↑ Gauchat, Patrick; Eubel, Konrad; Ritzler, Remigius; Sefrin, Pirmin (1979). Hierarchia catholica medii aevi: A Pontificatu Pii PP. IX (1846) usque ad pontificatum Leonis PP. XIII (1903) (en latín). Monasterii, sumptibus et typis librariae Regensbergianae. p. 512.
Selymbrien(sis) seu Selymbrian(a) (Selymbria) in prov. Europae, tit.1 Placidus Kasangian 26 aug. 1881