Pitirim Sorokin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPitirim Sorokin

(1917) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ru) Питирим Александрович Сорокин Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de xaneiro de 1889 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata
Turya, Rusia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte10 de febreiro de 1968 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Winchester, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
President of the American Sociological Association (en) Traducir
1965 – 1965
Membro da Asemblea Constituínte Rusa
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaEstados Unidos de América (1923–) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América (1930–)
República Socialista Soviética Federativa de Rusia
Imperio Ruso Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Estatal de San Petersburgo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoSocioloxía, Criminoloxía, Etnografía, filosofía política, Filosofía da cultura e Antropoloxía cultural Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónsociólogo , político , profesor universitario , filósofo , escritor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Harvard (1940–1959)
Universidade de Minnesota (pt) Traducir (1924–1940) Editar o valor em Wikidata
Membro de
MovementoFilosofía occidental Editar o valor em Wikidata
AlumnosMyra Page (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua rusa Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoRobert K. Merton Editar o valor em Wikidata
Arquivos en
Familia
FillosPeter Sorokin (pt) Traducir, Sergei Sorokin (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Pitirim Alexandrovich Sorokin (en ruso: Питири́м Алекса́ндрович Соро́кин), nado en Turya (gobernación de Vologda) o 21 de xaneiroxul./ 2 de febreiro de 1889greg. e finado en Winchester (Massachusetts) o 10 de febreiro de 1968 foi un sociólogo e activista político ruso-estadounidense, que contribuíu á teoría do ciclo social.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pitirim Alexandrovich Sorokin naceu o 21 de xaneiroxul./ 2 de febreiro de 1889greg. nunha pequena poboación do uezd de Yarensk, no Imperio Ruso (actualmente no distrito de Knyazhpogostsky en Rusia), segundo fillo de pai ruso e nai komi. O pai de Sorokin, Alexander Prokopievich Sorokin, era de Veliky Ustyug e era un ourive viaxeiro especializado en ouro e prata, mentres que a súa nai, Pelageya Vasilievna, era nativa de Zheshart e pertencía a unha familia campesiña. O seu irmán máis vello, Vasily, naceu en 1885, e o seu irmán máis novo, Prokopy, naceu en 1893. A nai de Sorokin faleceu o 7 de marzo de 1984 na aldea de Kokvitsa, e tralo seu falecemento os dous irmáns máis vellos seguiron co pai, vaiaxando por lugares na procura de traballo, mentres que Prokopy foi levado coa súa tía Anisya Vasilievna Rimsky, que vivía co seu marido, Vasily Ivanovich, na aldea de Rimia.

Pitirim e o pai do seu irmán desenvolveron alcoholismo. A causa diso, o pai tiña ansiedade grave e ataques de pánico ata o punto de que abusaba fisicamente dos seus fillo. Tras bater tan forte nel que deixou unha cicatriz no beizo superior de Pitirim, os dous irmáns decidiron que querían ser independentes e non seguir baixo o coidado do pai.[1]

A principios da década de 1900, manténdose como artesán e dependente, Sorokin asistiu á Universidade Imperial de San Petersburgo, onde obtivo un grao en criminoloxía e se converteu en profesor.[2]

Sorokin era anticomunista, e durante a revolución rusa foi membro do Partido Socialista Revolucionario, que apoiaba o Movemento Branco, e secretario do primeiro ministro Aleksandr Kerenskii, lídera da Asemblea Constituínte Rusa. Despois da Revolución de Outubro, Sorokin continuou a enfrontarse cos líderes comunistas e foi arrestado varias veces polo novo réxime antes de ser finalmente condenado a morte. Tras seis semanas no cárcere, Sorokin foi liberado e volveu dar clases na Universidade de San Petersburgo, sendo o fundador do departamento de socioloxía dese universidade.

Sorokin era un líder entre os demócratas ata a revolución, e foi perseguido polas forzas de Lenin logo de que este consolidase o seu poder. Tras meses oculto, escapou da Unión Soviética en 1922 e exiliouse aos Estados Unidos en 1923. En 1930 converteuse en cidadán estadounidense.[3] Sorokin foi requirido persoalmente a aceptar un posto na Universidade Harvard, fundando o Departamento de Socioloxía e converténdose un crítico do seu colega Talcott Parsons.[4][5]

Sorokin foi profesor de socioloxía na Universidade de Minnesota entre 1924 e 1940, cando acteptou unha oferta dun posto polo presidente da Universidade Harvard, onde continuou a traballar ata 1959. Unha das súas alumnas foi a escritora Myra Page.[6]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Imaxe de Pitirim Sorokin e a súa esposa cos seus dous fillos en 1934.

Sorokin casou coa doutora Helen Baratynskaya, con quen tivo dous fillos, Peter e Sergey. O seu fillo Peter P. Sorokin coinventou o láser de corante.

Sorokin sufriu unha grave doenza, e tras loitar con ela durante dous anos, faleceu o 10 de febreiro de 1968, aos 79 anos, en Winchester, Massachusetts.[7] Na súa casa realizouse un servizo ortodoxo ruso, seguido dun servizo ecléctico na Memorial Church of Harvard University.[8]

Os documentos de Sorokin consérvanse na Universidade de Saskatchewan en Saskatoon, Canadá, dispoñibles para o público. En marzo de 2009 estableceuse o Sorokin Research Center nas instalacións da Universidade Estatal de Syktyvkar en Syktyvkar, República dos Komis, co obxectivo de investigar e publicar os materiais do arquivo, principalmente da colección da Universiade de Saskatchewan. O primeiro proxecto de investigación, "Selected Correspondence of Pitirim Sorokin: Scientist from Komi on The Service of Humanity", en ruso, imprimiuse no outono de 2009 en Rusia.[9][10]

Obras principais[editar | editar a fonte]

  • Contemporary Sociological Theories (1928), Nova York: Harper.[11]
  • Principles of Rural-Urban Sociology (1929, con Carle C Zimmerman) Nova York : H. Holt. Preface: "a summary of Source book in rural sociology," in three volumes, prepared under the auspices of the U.S. Dept. of Agriculture and the University of Minnesota, to be published in 1930 or 1931"[12]
  • The Sociology of Revolution (1935) OCLC 84193425. FReprint, H. Fertig, 1967.[13]
  • Social and Cultural Dynamics (1937–1941), Cincinnati: American Book Company, 1937–1941. 4 vols.
  • The Crisis of Our Age (1941), Nova York : Dutton, 1941 "Based upon four volumes of the author's Social and cultural dynamics."[14]
  • Society, Culture, and Personality: Their Structure and Dynamics, A System of General Sociology (1947), Harper & Brothers Publishers: Nova York & Londres. (723 double columned pages plus an 11 triple coumned page Index and a 7 triple columned page Index of Names)
  • Leaves From a Russian diary, and Thirty Years After (1950), Boston: Beacon Press. OCLC 1476438
  • The Ways and Power of Love: Types, Factors, and Techniques of Moral Transformation. Filadelfia: Templeton Foundation Press (Original work published 1954). 2002. ISBN 978-1-890151-86-7.  (con introdución de Stephen G. Post na edición de 2002) (552 páxinas)
  • Fads and Foibles in Modern Sociology and Related Sciences (1956), Chicago:, H. Regnery Co. OCoLC 609427839. Reimpreso por Greenwood Publishing Group, 1976, ISBN 978-0-8371-8733-4.
  • Social and Cultural Dynamics: A Study of Change in Major Systems of Art, Truth, Ethics, Law and Social Relationships (1957 (reimpreso en 1970) ed.). Boston: Extending Horizons Books, Porter Sargent Publishers. ISBN 978-0-87558-029-6. 
  • (con Lunden, W. A.), Power and Morality: Who Shall Guard The Guardians? (1959), Boston, MA: Porter Sargent Publishers.
  • A Long Journey: the Autobiography of Pitirim A. Sorokin (1963) College and University Press, LC 426641.
  • Hunger As a Factor in Human Affairs (1975), University Presses of Florida.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Pitirim Aleksandrovich Sorokin". American Sociological Association (en inglés). 8 de xuño de 2009. Consultado o 10 de outubro de 2019. 
  2. Allen Phillip, J. (1963). Pitirim A. Sorokin in Review. Durham N.C. Duke University Press
  3. Sorokin, Pitirim (1992). Дальняя дорога: автобиография [Long journey: autobiography] (en ruso). Moscova: Terra. p. 9. 
  4. Jeffries, Vincent. "Sorokin, Pitirim," Encyclopedia of Social Theory. California: Sage Publications.
  5. En "Fads and Foibles", Sorokin acusa a Parsons de tomar prestado o seu traballo sen o seu consentimento.
  6. Page, Myra; Baker, Christina Looper (1996). In a Generous Spirit: A First-Person Biography of Myra Page. University of Illinois Press. p. 67. ISBN 978-0-252-06543-9. Consultado o 4 de agosto de 2018. 
  7. Ponomareva, Inna (2011-05-26). "Pitirim A Sorokin: The interconnection between his life and scientific work". International Sociology (en inglés) 26 (6): 878–904. ISSN 0268-5809. doi:10.1177/0268580910394003. 
  8. Sergei P. Sorokin, "Life With Pitirim Sorokin: A Younger Son's Perspective Arquivado 04 de decembro de 2018 en Wayback Machine.".
  9. Gladwell, Malcolm (2008). Outliers. Nova York. p. 90. ISBN 978-0-316-03669-6. 
  10. "Sorokin Research Center (Russia, Komi Republic, Syktyvkar)" (en ruso). Sorokin Research Center. Consultado o 11 de setembro de 2009. 
  11. "Exemplar gratuíto en liña". Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2017. Consultado o 12 de marzo de 2017. 
  12. WorldCat item record
  13. WorldCat item record
  14. worldCat item record

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]