Saltar ao contido

Piracaldo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Piracaldo
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
Características
 Temperatura
 Gastronomía
Localización
 País de orixe
Identificadores
TasteAtlaspira-caldo Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/04cvv3n Editar o valor en Wikidata
Wikidata

O piracaldo é unha preparación culinaria propia do acervo gastronómico paraguaio, que consiste nun caldo ou sopa de peixe, á que se lle engaden distintas verduras e produtos lácteos durante o proceso de cocción.[1][2][3]

Trátase dun prato tradicional de gran relevancia cultural, estando instaurada dende 2019 o Festival Nacional do Piracaldo, festividade que aglomera a un número aproximado de 10.000 comensais.[4][5]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Piracaldo é un vocábulo híbrido, é dicir, unha palabra composta por raíces de dúas — ou máis — linguas distintas. A raíz «pira» procede do guaraní pira, peixe;[6] e a raíz «caldo», do castelán. Este tipo de vocábulos caracterizan a fala típica do Paraguai, fortemente influenciada polo contacto constante das súas dúas linguas principais.[7]

No contexto da antropoloxía culinaria paraguaia, destaca a relevancia do consumo de peixe nos distintos grupos guaranís.[8][9] Estes grupos desenvolveron diferentes técnicas para a súa conservación e aproveitamento, como a salgadura ou a elaboración de fariña de peixe. Este patrón alimentario estivo influenciado polo extenso proceso de transculturación que caracterizou a interacción entre a cultura autóctona e a europea en todo o territorio da América virreinal.

Ingredientes e elaboración

[editar | editar a fonte]

Para o piracaldo tradicional utilízanse principalmente peixes de río máis pequenos,[10] especialmente os da familia do bagre. Tamén se empregan outros ingredientes como graxa vexetal ou animal, leite ou nata, queixo, cebola, tomate, pemento, perexil, chile e sal.

O piracaldo, na súa versión máis popular, prepárase fritindo cebolas, tomates, pementos e perexil en graxa vexetal, de porco ou tenreira. Posteriormente, bótase auga fervida e engádense o peixe, o queixo e o leite ou a nata. Cando o peixe estea cocido e o caldo estea espeso, engádese o chile finamente picado.[11]

Dada a ampla difusión do piracaldo como prato tradicional, desenvolvéronse diversas variantes desta receita. Unha delas consiste no procesamento dos peixes — previamente cocidos — a través dun muíño de pequeno tamaño. Este método permite a extracción total do contido óseo dos peixes, garantindo así un uso integral dos mesmos na elaboración do piracaldo.

  1. Puri, Vinod (2023-07-21). Science of Food Nutrition and Health (en inglés). Austin Macauley Publishers. ISBN 978-1-3984-5412-5. 
  2. Teicher, Kerstin (2015-02-05). Kochbuch Paraguay: Landestypische Rezepte und Hintergrundinformationen (en alemán). BoD – Books on Demand. ISBN 978-3-7357-9502-1. 
  3. Galeano, María Elena (1 de outubro de 2020). "Pira caldo". Alacarta (en castelán). Paraguai. Consultado o 2024-10-26. 
  4. "San Antonio realizó con éxito primer Festival del Piracaldo". Última Hora (en castelán). 2019-08-05. Consultado o 2024-10-24. 
  5. "El Festival del Piracaldo celebra su tercera edición". La Nación (Paraguai) (en castelán). 12 de agosto de 2023. Consultado o 2024-10-24. 
  6. Rotela, Rodrigo (2017-06-07). "Receta de Piracaldo". Cookpad (en castelán). Consultado o 2024-10-24. 
  7. Palacios, Azucena (2005). "Lenguas en contacto en Paraguay: Español y guaraní". Variedades lingüísticas y lenguas en contacto en el mundo de habla hispana, 2005, ISBN 1-4208-2204-7, págs. 35-43: 35–43. ISBN 978-1-4208-2204-5. 
  8. Ibars, Margarita Miró (2004). Karu reko: antropología culinaria paraguaya (en castelán). Servilibro. p. 168. ISBN 978-99925-79-55-8. 
  9. Linco (2022-07-01). "El consumo de pescado en la cultura guaraní-paraguaya". Cocina Rica (en castelán). Consultado o 2024-10-24. 
  10. Tienza, Clemente Carmona (2020-12-01). ¿Y tú qué sabes? (en castelán). Editamas, José María Ontivero. p. 127. ISBN 978-84-122576-8-7. 
  11. Herrero, Maria José (2022-08-25). "Piracaldo". Mi Corazón de Arroz (en castelán). Consultado o 2024-10-24. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]