Pippa Middleton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pippa Middleton
Pippa Middleton.jpg
Nome completoPhilippa Charlotte Middleton
Nacemento6 de setembro de 1983
Lugar de nacementoRoyal Berkshire Hospital
NacionalidadeReino Unido
Alma máterUniversidade de Edimburgo, Downe House, Marlborough College e St Andrew's School, Pangbourne
Ocupacióncolumnista, escritora e socialité
PaiMichael Middleton
NaiCarole Middleton
CónxuxeJames Matthews
FillosArthur Matthews, Grace Matthews e Rose
IrmánsCatarina de Gales e James Middleton
Na rede
IMDB: nm4436641 WikiTree: Middleton-943 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Philippa "Pippa" Charlotte Matthews (máis coñecida co seu nome de solteira como Pippa Middleton), nada en Reading o 6 de setembro de 1983 é a única irmá de Catarina de Cambridge. Socialite e organizadora de festas. Ela foi dama de honra[1] no casamento da súa irmá co príncipe Guillerme de Cambridge.

En 2012, a revista estadounidense Time clasificou a Pippa e á súa irmá, Catarina de Cambridge entre as 100 persoas máis influentes no mundo.[2]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Pippa Middleton naceu no Royal Berkshire Hospital de Reading, Inglaterra. Ela é a segunda de tres fillos. Os seus pais son Michael Middleton (nado en 1949) e Carole Goldsmith (nada en 1955). Os seus irmáns son Catarina de Cambridge, dona do Príncipe Guillerme, e James Middleton.

Middleton foi educada no colexio St Andrew e no Downe House, posteriormente no Marlborough College ata graduarse da Universidade de Edimburgo co grado de literatura inglesa.

Matrimonio[editar | editar a fonte]

Pippa casou o 20 de maio de 2017 co empresario James Matthews, herdeiro do título do señorío de Glen Affric. Se Matthews sucedera ao seu pai, Pippa converteríase en Lady Glen Affric.

En xuño de 2018, Middleton confirmou o seu primeiro embarazo. O 15 de outubro de 2018 naceu o seu primeiro fillo, Arthur Michael William Matthews.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Prince Harry And Pippa Middleton To Be Best Man And Maid Of Honour". The Huffington Post UK. Consultado o 8 de novembro de 2015. 
  2. "TIME". Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2018. Consultado o 04 de xullo de 2018.