Pipistrellus raceyi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pipistrellus raceyi
Estado de conservación
Datos insuficientes[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Chiroptera
Familia: Vespertilionidae
Xénero: Pipistrellus
Especie: P. raceyi
Nome binomial
Pipistrellus raceyi
Bates, Ratrimomanarivo, Harrison, and Goodman, 2006
Distribución de Pipistrellus raceyi[2]
Distribución de Pipistrellus raceyi[2]

Distribución de Pipistrellus raceyi[2]

Pipistrellus raceyi é un morcego do xénero Pipistrellus orixinario de Madagascar. Malia que se coñecían especies non identificadas de Pipistrellus en Madagascar dende a década de 1990, P. raceyi non foi descrito formalmente até 2006. Os seus parentes máis achegados son as especies asiáticas P. endoi, P. paterculus e P. abramus, e os seus devanceiros probablemente chegaron a Madagascar dende Asia. Observáronse exemplares de P. raceyi en catro localidades diferentes: dúas nas chairas orientais e dúas nas occidentais. No leste, vive en áreas abertas e no oeste habita bosques secos. A Lista Vermella da IUCN considera que hai datos insuficientes para avaliar o estado de conservación, en gran parte por mor do descoñecemento da súa ecoloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jenkins et al., 2008
  2. Bates et al., 2006, figure 7

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.