Piotr Tatarynovič
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 2 de xuño de 1896 (Xuliano) Hajnin |
| Morte | 3 de setembro de 1978 Roma |
| Relixión | Catolicismo |
| Educación | Seminario Teolóxico de San Petersburgo Pontificio Instituto Oriental |
| Actividade | |
| Ocupación | escritor, sacerdote católico |
| Empregador | Servizo belaruso da Radio Vaticana |
| Pseudónimo literario | Пётра Задума Мядзведзіцкі |
Piotr Tatarynovič (en belaruso: Пётр Татарыновіч[1]), nado o 2 de xuñoxul./ 14 de xuño de 1896greg. en Hajnin (Imperio Ruso, actual Belarús) e finado o 3 de setembro 1978 en Roma, foi un sacerdote católico latino belaruso, teólogo, publicista, tradutor e editor, activista do movemento democristián belaruso e delegado no Segundo Congreso Belaruso. Entre outras obras, traduciu ao belaruso os Evanxeos e os Feitos dos Apóstolos, así como a novela Quo Vadis? de Henryk Sienkiewicz. Foi tamén fundador e primeiro director da sección belarusa de Radio Vaticana, editor da revista da diáspora belarusa Źnič, e impulsor da belarusificación da liturxia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos e mocidade (1896–1921)
[editar | editar a fonte]Piotr Tatarynovič naceu o 14 de xuño de 1896 nunha familia acomodada de campesiños católicos belarusos da aldea de Hajnin, preto de Liachavičy, entón situada na parte occidental do condado de Sluck, na gobernación de Minsk do Imperio Ruso.[2][3][4] Os seus pais eran Stanislaŭ Tatarynovič e Karalina, de apelido de solteira Pašukievič, persoas coñecidas pola súa dilixencia e perseveranza na súa fe.[5] O seu pai pasara seis meses na prisión de Sluck e dous anos no exilio por resistir á coacción para converterse á ortodoxia, que as autoridades tsaristas impuxeron á poboación local.[3][6]
Foi bautizado o 29 de xuño de 1896 en Klieck,[7] e fixo a primeira comuñón na parroquia dos Santos Apóstolos Pedro e Paulo de Miadzviedzičy.[3][8] Sobre a súa vocación sacerdotal, Tatarynovič a relacionaba con esta igrexa:
Preguei alí cos meus pais cando era un rapaz, recibín a miña Primeira Comuñón alí, naceu alí unha idea...[9]
O seu avó tamén tivo influencia na súa decisión de ser sacerdote, así como un sacerdote lituano, Jan Grodziz, quen era profesor de relixión na escola secundaria de Sluck á que acudiu Tatarynovič.[10][11]
En 1915 ingresou no seminario metropolitano da arquidiocese de Mahilioŭ en San Petersburgo, onde estudou Fliosofía e Teoloxía.[12][3] Porén, en 1918 os seus estudos foron interrompidos polo peche do seminario, e pola vaga de arrestos de cregos e seminaristas que seguiu á revolución de outubro.[12][13] Piotr Tatarynovič foi quen de fuxir ao seu país natal, a través dos países bálticos, agochándose en bosques e aldeas, e grazas á axuda de xente que lle ocultou dos bolxeviques; logo de tres meses, conseguiu chegar xunto a súa familia.[13] Retomou os seus estudos no seminario de Minsk, onde en 1919 foi ordenado subdiácono por Zygmunt Łoziński.[12] En 1920, por mor da guerra polaco-soviética, foi trasladado xunto con outros seis compañeiros (5 belarusos e 1 polaco) a Włocławek, onde o 12 de xuño de 1921 foron ordenados sacerdotes polo bispo Stanisław Zdzitowiecki; Tatarynovič foi ordenado sacerdote da diocese de Minsk.[12][10][14] As autoridades da diocese de Cuiavia-Kalisz pretendían integrar a todos os novos sacerdotes na súa diocese, asignándolles encargos pastorais, mais os sacerdotes non aceptaron a proposta, segundo lembraba o propio Tatarynovič:
Porén, todos solidariamente – como xuraramos a Deus, dándolle as grazas pola santa faísca da vocación, que a confiraríamos á nosa nación desafortunada e espiritualmente orfa, e non a estranxeiros que están ben sen nós – contestamos con decisión: grazas pola vosa comodidade, deixádenos marchar á nosa querida Minsk, devastada pola guerra e confundida pola política – para axudar ao noso bispo perseguido e á nosa nación![15]
Traballo pastoral (1921–1940)
[editar | editar a fonte]
A primeira parroquia do novo sacerdote foi en Pinsk, entón capital da Polesia, onde estivo até 1922.[10] A súa primeira misa, que tivo lugar na festa dos apóstolos San Pedro e San Paulo e que coincidiu coa festa parroquial, atraeu a unha multitude á cerimonia, desexosa de ver ao primeiro sacerdote de Polesia, procedente dunha parroquia noutrora perseguida relixiosamente.[12] Unha das súas principais tarefas, ademais do seu traballo pastoral habitual, era axudar ao deán na renovación de dous edificios incendiados, a igrexa da Asunción da Santísima Virxe e o mosteiro da franciscanos, que posteriormente foron transformados en catedral e en edificio principal do seminario. Ademais, as súas funcións incluían a organización do traballo coa mocidade, a atención a localizacións remotas, e a asociación Juventus Christiana.[10][3][6] En 1922, mentres loitaba coas dificultades en Pinsk, o ordinario envioulle a Navahrudak até 1924, onde residía entón o bispo Łoziński; este encargoulle a docencia no seminario menor e nas escolas primarias, as funcións da notaría da curia diocesana, e despois vigairo do deán local, Kazimierz Bukraba. Posteriormente, debido á falta de clero, foi enviado a Baranavičy até 1926, para traballar coa mocidade. As súas funcións incluían a construción dunha capela especial para escolares e facer de prefecto en cinco escolas primarias e unha escola secundaria.[16][3] Alí tamén organizou a Unión da Xuventude Católica.[17] En 1926, o bispo Łoziński envioulle como medida disciplinaria a traballar nunha aldea remota e illada en Podlaquia chamada Topczewo; o motivo da expulsión foi a actividade a prol do movemento nacional belaruso.[3][16]

Pasado un ano, o bispo encargoulle a parroquia de Damačava (1927–1932), do decanato de Brest; nesta parroquia os fregueses expulsaran ao anterior párroco. Logo de que Tatarynovič se encargara da parroquia, houbo un florecemento da vida espiritual; malia que a inmensa maioría dos fregueses eran polacos, conseguiu gañarse a simpatía dos parroquianos. A maioría dos habitantes, incluíndo aos polacos e aos olenders, empregaban o dialecto local, que tamén foi utilizado con sensibilidade por Tatarynovič. O novo párroco renovou a igrexa, dándolle tres novos altares, e construíu unha reitoral. Tamén construíu unha casa do pobo católica, onde o 1 de xullo de 1928 os habitantes recibiron ao presidente polaco Ignacy Mościcki, e algo máis tarde no mesmo ano, ao bispo Łoziński durante a súa visita canónica. Naquel momento a parroquia estaba tan ben organizada que puido apoiar financeiramente á parroquia grecocatólica de Dzialiacičy. Daquela, a miúdo o bispo Łoziński enviaba a Tatarynovič como predicador talentoso ás parroquias grecocatólicas de Polesia, para axudar ao clero local. Foi tamén nesa época cando Tatarynovič comezou a súa actividade literaria e xornalística.[3][18]
En 1932 o bispo Bukraba asignoulle a reitoría de Stolin, onde estivo até 1938. Aquí, Tatarynovič impulsou as organizacións eclesiásticas, como Caritas, as comunidades da Asociación do Rosario Vivo e a Katolickie Stowarzyszenie Młodzieży (Asociación da Mocidade Católica), para o que contou co apoio e favor da aristocracia local, en particular da administración do príncipe Karol Mikołaj Radziwiłł. Tamén exerceu de inspector da educación relixiosa nas escolas primarias do decanato de Luniniec e apadriñou o movemento sindical, que tiña catro delegacións na zona: Haradnaja, Aĺpień, Mierlinskija Chutary e Kolki. En termos xerais tivo éxito no seu traballo, o que non era unha tarefa fácil, xa que a situación en Stolin non era mellor que en Damačava.[19][3] Sobre o seu traballo alí, escribiu o seguinte:
Foi un traballo difícil nesta ampla zona fronteiriza, que en moitos casos era refuxio de todo tipo de arruinados e estafadores. A parroquia estaba formada por un elemento inmigrante conflitivo: o exército, a policía, os funcionarios, os mestres e os colonos, aos que non respectaban os católicos e cismáticos polesios, nin a nobreza terratenente local. Atopar algunha media de ouro neste conglomerado, trazar unha liña para a Acción Católica e para o desenvolvemento do movemento sindical, era absolutamente imposible sen perder o favor dalgunha das partes. A maior ira ameazaba polo apoio ao sindicalismo, que dificultaba a polonización; non quedou [o traballo] sen deixar a súa pegada na miña vida e na miña obra... A pesar de todo isto, en seis anos foi posible unir xente de boa vontade para as actuacións católicas.[20]
Tamén lle foi encargada outra parroquia, na aldea de Perlejewo, mais non puido tomar posesión dela debido ás circunstancias bélicas. Veuse entón na obriga de pedirlle ao seu ordinario un salvoconduto, que recibiu o 28 de novembro de 1939, coa intención de emigrar.[3] Porén, posteriormente fíxose cargo da parroquia de Niemirów entre 1939 e 1940. En setembro de 1939, a aldea quedou baixo o dominio dos soviéticos e, como a fronteira soviético-alemá se estableceu no río Bug, os habitantes tiveron que desmantelar todos os edificios da súa aldea e trasladarse da franxa fronteiriza designada a dous quilómetros máis aló, por orde das novas autoridades soviéticas, entre o 10 de abril e o 10 de maio de 1940. A partir desta data, emitiuse unha prohibición categórica de visitar a localización da antiga Niemirów. Como a igrexa parroquial estaba situada dentro da zona de exclusión, Tatarynovič conseguiu sacar en segredo os materiais da igrexa e distribuílo a persoas de confianza para a súa custodia.[21] Entón, as autoridades soviéticas puxérono baixo arresto domiciliario, do que escapou, querendo evitar a ameaza do exilio.[3][4] Deixando Niemirów, trasladouse a Varsovia.[21]
Segunda guerra mundial
[editar | editar a fonte]Entre outubro de 1939 e setembro de 1940 o metropolita Andrei Sheptytskyi ofreceu a Tatarynovič o encargo de primeiro exarca apostólico para os grecocatólicos de Belarús, que Tatarynovič rexeitou.[22][23][24]
Entre os anos 1940 e 1945 Tatarynovič viviu en varios lugares das dioceses de Varsovia, Wrocław e Rottenburg–Stuttgart, traballando normalmente como mansionario en parroquias grecocatólicas ou como capelán de conventos femininos.[3]
No verán de 1941, logo da ocupación de Minsk polos alemáns, chegou alí enviado polo bispo Romuald Jałbrzykowski, xunto con outros sacerdotes belarusos como Dzianis Maliec, Stanislaŭ Hliakoŭski, e Kazimir Rybaltoŭski. A misión dos sacerdotes era restaurar a actividade pastoral da catedral do Nome da Virxe María para os fieis belarusos, que fora suspendida polas autoridades soviéticas. Durante un período de varios meses, grazas aos esforzos destes sacerdotes, foi posible restaurar esta catedral e a igrexa de San Simón e Santa Helena a un estado aceptable para o seu uso.[25] Os sacerdotes tamén prepararon a 200 rapaces para a primeira comuñón,[26] e publicaron un libro de oracións e un catecismo para os católicos belarusos.[27][28]

O 15 de decembro de 1943 Tatarynovič, xunto con outros representantes do clero belaruso, foi invitado á apertura cerimonial da conferencia de inspectores de educación, que tivo lugar no Teatro Estatal de Belarús. Chegoy vestido de civil, para non ser recoñecido como sacerdote, acompañado de activistas sociais e educativos belarusos como Anton Šukielojć, Anton Adamovič, Liavon Savionak e Aliaksandr Siankievič, entre outros. Durante a interpretación do himno alemán todo o público púxose en pé, facendo o saúdo nazi; os sacerdotes tamén puxéronse en pé, pero sen erguer o brazo, algo que resultou evidente e podía considerarse como unha provocación. Xusto despois da cerimonia Maliec e Hliakoŭski foron arrestados polo SD. Tatarynovič conseguiu evitar ser arrestado grazas á súa roupa civil e a súa localización no teatro (na galería). Cando deixou o teatro, varios membros do comité católico lle informaron dos feitos e, logo de escoltalo, segundo indicaba a testemuña Anton Šukielojć, "na tarde do día seguinte" foi enviado a Baranavičy, temendo que el tamén sería arrestado. Antes de marchar, e acompañado por un catequista, entrou no apartamento de Hliakoŭski e recolleou documentos, selos, e outros obxectos da habitación, para posteriormente entregalos a Adam Stankievič en Vilnius.[28][29]
Pouco despois de chegar a Baranavičy trasladouse novamente a Varsovia,[28] onde traballou en estreita colaboración co Comité Belaruso, e encargouse da atención pastoral dos belarusos, inicialmente na igrexa de San Martiño e posteriormente no mosteiro basiliano da Asunción. Tamén ensinou relixión nunha escola belarusa.[30]
En 1943 volveu a Minsk, traballando alí por un período curto.[4] O 27 de xuño de 1944 participou no Segundo Congreso Belaruso, celebrado en Minsk; pouco tempo antes visitou tamén Vilnius.[30] Antes do estoupido do alzamento de Varsovia deixou a cidade, como a maioría dos belarusos.[30]
En febreiro de 1945 trasladouse a Alemaña; alí estivo en Rottenburg, Breslau, e Bad Wurzach, e finalmente en Eichstätt, onde buscou a oportunidade de estabelecerse máis tempo. Porén, finalmente decidiu marchar a Roma coa intención de facer un doutoramento. Deixou Alemaña no outono xunto a un grupo de sacerdotes marianos lituanos.[31][19][3][32]
Roma (1945–1978)
[editar | editar a fonte]
Tatarynovič chegou a Roma en setembro de 1945, vivindo entón na casa dos marianos. Alí atopou o apoio do bispo Pranciškus Būčys, entón xeneral da congregación. Grazas á súa recomendación, foi aceptado en novembro do mesmo ano para facer o doutoramento no Pontificio Instituto Oriental, algo que asumiu malia estar gravemente enfermo de tuberculose. Nese momento foi tamén cando comezou coa tradución ao belaruso da novela Quo Vadis? de Henryk Sienkiewicz, que remataría en 1947. Tamén preparou unha nova edición (a cuarta) do libro de oracións Hołas dušy, publicada a comezos de 1949. Nese mesmo ano completou a súa tese, que tratou sobre a doutrina espiritual de san Cirilo de Turaŭ.[33][13][34]
O 24 de decembro de 1949 tivo lugar a primeira emisión da sección belarusa de Radio Vaticana, da que Tatarynovič sería director até 1970; a emisora comezou as súas emisións regulares o 6 de xaneiro de 1950.[35] Tamén, en setembro de 1950 comezou a editar a revista relixioso-nacional "Źnič", en lingua belarusa. En 1954 publicou a súa tradución dos Evanxeos e dos Feitos dos Apóstolos, e en 1956 a tradución de Quo Vadis?.[36][37]
O 26 de maio de 1961 a Santa Sé confireulle a dignidade de prelado doméstico da Súa Santidade. Pouco despois, por decisión da Congregación Consistorial, foi nomeado membro do Consello Supremo para a Emigración, onde as súas funcións incluían o coidado dos católicos belarusos de rito latino que vivían en todo o mundo.[38]
O 13 de xuño de 1965 celebrou a primeira misa en lingua belarusa da historia.Modelo:Odn
En 1974 publicou a súa propia tradución das Cartas Apostólicas.[37]
Piotr Tatarynovič finou o 3 de setembro de 1978 e foi enterrado no cemiterio de Montebello en Roma.
Publicacións
[editar | editar a fonte]- Jašče adzin klič (1926)
- Pramowa ks. P. Tatarynowiča na nabaženstwie ŭ kaściele św. Mikałaja ŭ Wilni 25.III.27 u dziewiatyja ŭhodki abwieščańnia Niezaležnaści Biełarusi (1927)
- Adkul i kudy jdziom (1928)
- Ziamnoje ščaście – wodblesk praŭdziwaha ščaścia (1928)
- Praŭda (1928)
- Z majej padarožy na Ukrainu (1929)
- Цьвёрда і стойка дамагаймася роднае школы!
- Naš šlach (1929)
- Белы чалавек (1932)
- Шляхам абновы (1933)
- Niwa Jurja (Paświačajecca biełaruskaj moładzi) (1935) [artykuł składa się z trzech części; zob. bibliogr.]
- Ab polska-biełaruskich adnosinach (1937)
- Наша палажэньне — нашы мэты (1947)
- Сацыялягічныя зацемкі (1948) [artykuł składa się z dwóch części; zob. bibliogr.]
- Пацяшаючы знак часу (1948)
- Pastanoŭka relihijnaha pytańnia ŭ biełaruskim adradžeńni (1950)
- Uzvaruch (1951)
- Biełaruski «Chryzostom» (1952)
- Na marhinesie uspaminau ab J. Kupale (1952)
- Słaŭco da našaj staroj emihracyi ŭ čužaśviecie (1954–1955)
- Ja nia choču być śviatym (1955)
- Vialikaja patryjatyčnaja prysłuha (1955)
- Najaktualniejšaje pytannie (1956)
- Pomnik antyrusyfikacyjnaj stojkaści (Ŭ 50-ja ŭhodki jaho pabudovy) (1959)
- Jak razumieć nazoŭ «Subožnia»? (Art. dyskusyjny) (1959)
- Biełaruskaja relihijnaja presa (Referat ks. Dr. P. Tatarynoviča na Źjezdzie biełar. śviataroŭ u Rymie) (1960)
- Baraniem našych vučonych (1960)
- U śviatle sakavikovych ideałaŭ (1961)
- Pialhrym (1964)
- «Pryncypy» (1964)
- Adhałosak minuŭščyny (1965)
- Ab samatužnaj žyvučaści viery ŭ Boha siarod ateistaŭ (1971) [artykuł składa się z dwóch części; zob. bibliogr.]al1 (conversa · contribucións)
- Jak u praktycy vyhladaje tolerancyja! (1971)
- Ci ekumenizm siańnia pieražyvaje kryzys? (1974)
- Libros
- Ziarniatki z rodnaje junackaje niwy (1929)
- Światy Izydar Chlebarob (1929)
- Kupalle (1931)
- Šlacham dziwaŭ i ŭražańniaŭ (1934)
- Traducións escollidas
- Prypowieści, Johannes Jørgensen (1927)
- Аб'яднаньне хрысьціян Усходу і Захаду, Nikołaj Bierdiajew (1932)
- Śviataja Evanelija i Apostalskija dziei (1954)
- Quo Vadis, Henryk Sienkiewicz (1956, 2002am1 (conversa · contribucións))
- Naŭzornaja (pieršaja) Imša. Śviataja Liturhija pavodlia abnoŭlienaha abradu z bielaruskaj movaj. Na ŭžytak prysutnym na celiebry ŭdzielnikam (1965)
- Imša vojtyŭnaja ŭva ŭsiakaj patrebie pavodlie abnoŭlienaha abradu z bielaruskaj movaj (1966)
- Listy Śviatych Apostalaŭ (1974)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Segundo a forma actual da lingua belarusa. Outras formas serían a variante na forma clásica (taraškievica Пётар Татарыновіч, ou as formas correspondentes en łacinka Piotr Tatarynovič e Piotar Tatarynovič'. Tamén aparece citado en belaruso como Пётра Татарыновіч e Пятро Татарыновіч, en italiano como Pietro Tatarynovič, en polaco como Piotr Tatarynowicz, e en inglés como Peter Tatarynovich.
- ↑ Dende xaneiro de 1940 parte do distrito de Liachavičy da rexión de Brest.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 Tatarynovič, Piotra (2005). "Žyćciapis" [Biografía]. Запісы (en belaruso) (Nova York - Minsk: Беларускага Інстытуту Навукі й Мастацтва) 29: 173–180. Arquivado dende o orixinal o 25/07/2008.
- 1 2 3 Tarasevič, Uł. (1956). "Śviata redaktara – śviatam čytačoŭ Źniču" (PDF). Źnič (en belaruso) (Roma: Vydaviectva Źnič) 38: 8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16/04/2023.
- ↑ Сіповіч 1979, pp. 16–17.
- 1 2 Аўдзяюк 2008, p. 22.
- ↑ Сіповіч 1979, p. 16.
- ↑ Esta igrexa fora pechada anteriormente polas autoridades tsaristas entre 1886 e 1905, motivo polo que Piotr Tatarynovič tivera que ser bautizado en Klieck no canto de Miadzviedzičy. Comparar Сіповіч 1979, p. 16; e Дзянісаў, Антон (2004). Лялько, Крыстына, ed. "Касцёл святых Пятра і Паўла ў Мядзведзічах". Наша Вера (en belaruso) (Мінск: Мінска-Магілёўская архідыяцызія). 3 (29)..
- ↑ Tatarynovič, Piotra (2005). "Žyćciapis" [Biografía]. Запісы (en belaruso) (Nova York - Minsk: Беларускага Інстытуту Навукі й Мастацтва) 29: 173–180. Arquivado dende o orixinal o 25/07/2008.
I ja z svajimi rodzičami, jako maleńki chłopčyk, tam maliǔsia, tam pryjmaǔ Pieršuju Kamuniju Śviatuju, tam naradziǔsia dla ideji...
- 1 2 3 4 Сіповіч 1979, p. 17.
- ↑ Ks. P. T. 1961, pp. 1–2.
- 1 2 3 4 5 Ks. P. T. 1961, p. 2.
- 1 2 3 Валасар, Марына (5 de xuño de 2016). "«Гарэў як зніч»: успаміны пра кс. Пятра Татарыновіча". Catholic.by (en belaruso). Consultado o 26/01/2025.
- ↑ Poniński, Antoni (25 de novembro de 2016). "Polscy księża wygnańcy. Ks. Władysław Bukowiński". Embaixada da República de Polonia ante a Santa Sé (stolicaapostolska.msz.gov.pl) (en polaco). p. 9. Arquivado dende o orixinal o 22/09/2017.
- ↑ "My adnak usie salidarna – jak prysiahnuli Bohu, dziakujučy za śviatuju iskru pokliku, addać jaho svajmu harotnamu, duchova asiraciełamu narodu, a nia čužyncam i biez nas ščaślivym – tak naadrez i skazali: dziakujem za vaš kanfort, puskajcie nas na našu kachanuju, apustošanuju vajnoju j akryŭdžanuju palitykaj, Mienščynu – pamahać našamu praśledavanamu Biskupu j narodu!..." Véxase Ks. P. T. 1961, p. 2.
- 1 2 Аўдзяюк 2008, p. 23.
- ↑ Garbiński & Turonek 2003, p. 445.
- ↑ Аўдзяюк 2008, pp. 23–24.
- 1 2 Аўдзяюк 2008, p. 24.
- ↑ "Trudnaja była praca na hetym pryhraničnym raźlehłym terenie, budučym u častych vypadkach azylem dla ŭsiakaha rodu bankrutaŭ i aferystaŭ. Parafija składałasia z razsvaranaha elementu napłyvovaha: vojska, palicyji, uradoŭcaŭ, nastaŭnictva j asadnictva, jakoha miesny schizmatycki j katalicki element palašucki dy ziemianski niе lubiŭ. Utrymać jakoje-niebudź załatoje medium u henym konglomeracie, vyvieści liniju Katalickaj Akcyji i razvoju Vunijnaha absalutna nielha było biaz straty łaski jakoj iz staron. Najhoršy hnieŭ hraziŭ za ŭspamahańnie Vuniji, utrudniajučaj palanizacyji; jon nie astausia biaźślednym u majim žyćci j pracy... Pamima ŭsiaho hetaha ŭ praciahu 6 hаdоŭ udałosia, adnak, zhurtavać ludziej dobraje voli da katalickaha čynu". Tatarynovič, Piotra (2005). "Žyćciapis" [Biografía]. Запісы (en belaruso) (Nova York - Minsk: Беларускага Інстытуту Навукі й Мастацтва) 29: 173–180. Arquivado dende o orixinal o 25/07/2008.
- 1 2 Olędzka, Agnieszka (15 de novembro de 2016). "Dzieje miejscowości i parafii rzymskokatolickiej Niemirów nad Bugiem". Parafia Rzymskokatolicka św. Stanisława BPM w Niemirowie - Diecezja Drohiczyńska.
- ↑ O encargo foi tamén ofrecido a outros católicos belarusos, que tamén o rexeitaron: Fabijan Abrantovič, Adam Stankievič, e Vincent Hadleŭski. Finalmente, o 17 de setembro de 1940 foi nomeado exarca Anton Niemancevič.
- ↑ Горбік 2009, p. 5.
- ↑ Горны, Аляксандр (2009). "Да пытання аб некаторых аспектах дзейнасці уніяцкіх святароў на акупіраванай тэрыторыі Беларусі (1941–1944 гг.)". Хрысціянства у гістарычным лёсе беларускага народа (PDF) (en belaruso). Hrodna: Гродзенскі дзяржаўны універсітэт імя Янкі Купалы. p. 58. ISBN 978-985-515-250-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15/04/2023.
- ↑ Durante a ocupación soviética, a catedral fora usada como garaxe, e a igrexa como sala de cine.
- ↑ A cerimonia tivo lugar o 5 de outubro de 1941 na catedral.
- ↑ O libro de oracións (Karotki malitaŭnik dla Biełarusaŭ-katolikaŭ), que tamén tivo versión cirílica, era unha versión abreviada da obra de preguerra publicada en Vilnius Hołas dušy, de Kazimir Svajak (Hołas dušy foi posteriormente publicado en Roma en 1949 polo mesmo Tatarynovič). O catecismo (Katechizm dla Biełarusaŭ-katolikaŭ) era una reedición dunha obra de preguerra.
- 1 2 3 Туронак, Юры (1996). Лялько, Крыстына, ed. "Трагізм і загадкавасьць лёсаў. Да гісторыі беларускага каталіцкага душпастырства ў Менску". Наша Вера (en belaruso) (Minsk: Мінска-Магілёўская архідыяцызія). 1 (2). Consultado o 28/01/2025.
- ↑ P. T. (1965). "Adhałosak minuŭščyny" (PDF). Źnič (en belaruso) (Roma: Vydaviectva Źnič). 82–83: 4. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15/04/2023.
- 1 2 3 Сіповіч 1979, p. 18.
- ↑ Сіповіч 1979, pp. 18, 21.
- ↑ Turonek & Garbiński 2003, p. 446.
- ↑ Сіповіч 1979, pp. 16, 21.
- ↑ Nadson 2006, pp. 33–34.
- ↑ Панчанка, Аляксандр (3 de novembro de 2014). "«100 пытанняў – 100 адказаў». Як Ватыканскае радыё загаварыла па-беларуску?". Catholic.by (en belaruso).
- ↑ Сіповіч 1979, p. 21.
- 1 2 Аўдзяюк 2008, p. 25.
- ↑ Сіповіч 1979, pp. 21–22.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Адважны, Вінцук (2004). Бараноўскі, Ігар, ed. Унія на Палесьсі (PDF) (en belaruso). Brest: ГА Стары горад, Берасьцейская гарадзкая Рада ГА Таварыства беларускай мовы імя Ф. Скарыны, Берасьцейскае аддзяленьне МГА Гісторыка. Consultado o 22/05/2021.[Ligazón morta]
- Астроўскі, Радаслаў (1954). Другі Усебеларускі Кангрэс. Матар̕ялы сабраныя і апрацаваныя на падставе пратакольных запісау камісіяй Беларускай Цэнтральнай Рады пад рэдакцьіяй Р. Астроўскага (en belaruso). Múnic: Выданьне Беларускай Центральнай Рады. Consultado o 25/01/2025.
- Аўдзяюк, Алесь (2008). Кандрацьеў, Ігар, ed. "Палымяны сьвятар і патрыёт" (PDF). Царква (en belarusop) (Belarús: Грэка-каталiцкая парафія сьвятых братоў-апосталаў Пятра і Андрэя). 4 (59). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 4/11/2022.
- Garbiński, Jerzy; Turonek, Jerzy (2003). Białoruski ruch chrześcijański XX wieku. Varsovia: Slawistyczny Ośrodek Wydawniczy Instytutu Slawistyki PAN. ISBN 83-86619-94-5.
- Горбік, Сяргей (2009). Таямніцы беларускага грэка-каталіцкага экзархату (PDF). Беларуская Аўтакэфальная Праваслаўная Царква (en belaruso) (Lviv). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 8 de abril de 2023.
- Nadson, Alexander (2006). Ceslaus Sipovich. The First Belarusian Catholic Bishop in the 20th Century (1914–1981) (PDF) (en inglés). Londres: Francis Skaryna Belarusian Library and Museum. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14/06/2023.
- Сіповіч, Часлаў (1979). Журня, Фэлікс, ed. "Пралат Пётр Татарыновіч" (PDF). Божым Шляхам (en belaruso) (Londres: Marian House) 150. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 5/05/2021.
- Publicacións de Piotr Tatarynovič
- Ks. P. T. (1961). "Z nahody sarakavin majho śviatarstva" (PDF). Źnič (en belaruso) (Roma: Vydaviectva Źnič) 61. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15/04/2020.