Pio Taofinuʻu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pio Taofinuʻu
Cardeal da Igrexa Católica
Biografía
Nacemento8 de decembro de 1923 en Falealupo, Samoa
Pasamento19 de xaneiro de 2006 en Apia, Samoa
Ordes
Ordenación sacerdotal8 de decembro de 1954, por Jean Baptiste Dieter
Consagración episcopal29 de maio de 1968, por George Hamilton Pearce
Creado cardeal5 de marzo de 1973, por Paulo VI
Orde relixiosaMaristas
Arcebispo metropolitano de Samoa-Apia
1968 - 2002
PredecesorGeorge Hamilton Pearce
SucesorAlapati Lui Mataeliga
Outros
Lema: Tuutuu i le Loloto[1]
Ficha en catholic-hierarchy.org

Pio Taofinuʻu, nado en Falealupo (Samoa) o 8 de decembro de 1923 e finado en Apia o 19 de xaneiro de 2006, foi un eclesiástico samoano, cardeal e arcebispo latino.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pio Taofinuʻu naceu o 8 de decembro de 1923 en Falealupo, en Samoa Occidental.[2] Estudou no seminario menor de Moatioa (Moamoa)[2] e posteriormente no da Illa de Wallis. Concluíu os seus estudos de Filosofía e Teoloxía cos maristas en Nova Zelandia.

Foi ordenado sacerdote o 8 de decembro de 1954 polo vigairo apostólico das Navegadores Jean Baptiste Dieter,[1] e posteriormente ingresou na Sociedade de María, facendo o noviciado en Nova York.[2] Á súa volta a Samoa foi nomeado vigairo do bispo George Hamilton Pearce, entón vigairo apostólico de Samoa e Tokelau. O 11 de xaneiro de 1968 foi elixido bispo de Apia,[2] e foi consagrado bispo o 29 de maio de 1968[1] polo seu predecesor Pearce, entón arcebispo de Suva, e tivo como co-consagrantes a Brian Patrick Ashby, bispo de Christchurch, e a John Hubert Macey Rodgers, bispo de Tonga.

Realizou unha prolífica labor en prol da educación durante o seu episcopado, creando varias escolas secundarias e de formación profesional. Reorganizou o seminario da arquidiocese e fundou un instituto de Teoloxía.[2] Involucrouse tamén no traballo social, no servizo a pobres e anciáns, e creou unha industria de fabricación de queixos para a poboación da súa diocese.[3] Tivo tamén unha grande influencia sobre o desenvolvemento e inculturización da cultura samoana na liturxia romana;[2] na liturxia católica samoana, por exemplo, logo da consagración se lle da a benvida a Cristo con flores, como é tradición na cultura samoana.[4]

O papa Paulo VI creouno cardeal no consistorio do 5 de marzo de 1973,[1] co título de Cardeal-Presbítero de Sant'Onofrio.

En 1982 fíxose unha reorganizacións das dioceses de Oceanía, e pasou a ser arcebispo metropolitano de Samoa-Apia.[1]

Retirouse o 16 de novembro de 2002, e finou o 19 de xaneiro de 2006, aos 82 anos de idade.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Pese o sauniga. 1976. 
  • Tusi mo aiga tapuaʻi faatasi: Christian family prayer book (Samoan-English). 1980. 
  • O le ʻava o se pelofetaga. 1995. 


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
George Hamilton Pearce
 Arcebispo de Samoa-Apia 
1968 - 2002
Sucesor:
Alapati Lui Mataeliga
Predecesor:
(creación da misión)
 Superior de Funafuti 
1982 - 1985
Sucesor:
John Hubert Macey Rodgers
Predecesor:
José Garibi Ribera
 Cardeal-Presbítero de Sant'Onofrio 
1973 - 2006
Sucesor:
Carlo Furno

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Breve autobiografía de Pio Taofinuʻu: Frederic Koehler Sutter (1989). University of Hawaii Press, ed. The Samoans: A Global Family (en inglés). p. 159. ISBN 9780824812386. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Farhadian, Charles E. (edición) (2007). Wm. B. Eerdmans Publishing, ed. Christian Worship Worldwide: Expanding Horizons, Deepening Practices (en inglés). p. 162. ISBN 9780802828538. 
  3. Servizo de Prensa da Santa Sé (ed.). "College of Cardinals Biographical notes - TAOFINU'U Card. Pio, S.M.". Consultado o 19 de setembro de 2014. With the intent to promote economic independence for those living in the diocese, he set aside 3,000 acres of the dioceses’ property for the construction of a large cheese factory. 
  4. Catholic News Agency (ed.). "Samoan priest employs culture to bolster faith of islanders living in Alaska". Consultado o 19 de setembro de 2014. After the consecration, we believe that Jesus himself is present through the bread and the wine,” explained Father Schmidt. That is why just after the consecration, at the Proclamation of Faith, a large, colorful, flower lei is placed at the altar. The lei, Father Schmidt said, points to “the one who signifies the unity of all of us — Christ himself. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]