Pintura en cortiza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Canguro - pintura en cortiza, Terra de Arnhem, Australia, contra o ano 1915.

A pintura en cortiza é un tipo de arte autóctona de Oceanía, peculiarmente de deseños abstractos e emblemáticos que se aplican sobre teas sen tramado, feitas precisamente de cortiza de árbore.

As obras fabrícanse mediante o raspado ou coloreado dos debuxos sobre o material, que primeiro se separa do tronco, despois se molla e finalmente sacódese ata que queda augado. É máis común o uso da cortiza interna da moreira, en específico da especie denominada Morus papyrifera L.. Os estilos e as imaxes plasmadas varían dun territorio a outro, dende concepcións sinxelas até gráficos complexos e moi elaborados. Hoxe en día fabrícase roupa mediante esta técnica no norte de Australia, Nova Guinea e rexións de Melanesia, sendo coñecida co nome de tapa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]