Pintada común

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Pintada común
Helmeted guineafowl kruger.jpg
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Galliformes
Familia: Numididae
Xénero: Numida
Linnaeus, 1766
Especie: N. meleagris
Linnaeus, 1758
Numida meleagris range map.png

Subespecies
Véxase o texto

A pintada común,[2] galiña de Angola[2] ou galiña da Guinea (Numida meleagris) é unha especie de ave galiforme da familia dos numídidos.[3] É a máis estendida das pintadas; orixinaria de África, foi introducida nas Antillas Menores e no sur de Francia.

Descrición[editar | editar a fonte]

Cabeza de pintada común.

De até 50 cm de lonxitude, con peteiro medianamente longo, forte e robusto que presenta na súa base unha especie de 'cera' sobre a que se abren as fosas nasais. Cabeza, espida de plumas e que presenta unha coloración branca ou azulada dominante con carúnculas ou excrescencias carnosas de viva cor morada e unha típica protuberancia córnea no alto da cabeza. A plumaxe é gris e negra, con pequenas pintas brancas. Os machos e femias son aparentemente iguais e non poden distinguirse facilmente se non é polo seu comportamento, é dicir, non presenta dimorfismo sexual. Vive de seis a oito anos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BirdLife International. "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 
  2. 2,0 2,1 Varios autores. "Os nomes galegos das aves" (PDF). Consultado o 14 de xuño de 2017. 
  3. Bernis, F; De Juana, E; Del Hoyo, J; Fernández-Cruz, M; Ferrer, X; Sáez-Royuela, R; Sargatal, J (1994).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Madge and McGowan, Pheasants, Partridges and Grouse 0-7136-3966-0