Saltar ao contido

Pingüíns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pingüín
Rango fósil: Paleoceno-actualidade

Pygoscelis antarctica
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Infraclase: Neognathae
Superorde: Aequornithes
Orde: Sphenisciformes
Sharpe, 1891
Familia: Spheniscidae
Bonaparte, 1831
Distribución dos pengüíns Aptenodytes Eudyptes Eudyptula Megadyptes Pygoscelis Spheniscus
Distribución dos pengüíns Aptenodytes
Eudyptes
Eudyptula
Megadyptes
Pygoscelis
Spheniscus

Os pingüíns son un grupo de aves mariñas non voadoras que habitan no hemisferio sur. Todos pertencen a unha mesma familia: Spheniscidae. Contrariamente á crenza popular, os pingüíns non habitan unicamente en climas fríos e moitas especies habitan tanto no norte como nas illas Galápagos cerca da liña ecuatorial. A maioría dos pingüíns aliméntanse de krill, peixe, luras e outras criaturas mariñas.

A especie máis grande é o pingüín emperador (Aptenodytes forsteri): os adultos teñen unha altura media de 110 cm e pesan 30 kg ou máis. A especie máis pequena é o pingüín azul (Eudyptula minor), que ten tipicamente unha estatura de entre 35 e 40 cm e pesan arredor de 1 kg. Xeralmente os pingüíns máis grandes reteñen mellor a calor e polo tanto habitan rexións máis frías, mentres que as especies máis pequenas se encontran en climas temperados e incluso tropicais.

Xéneros extintos