Saltar ao contido

Pine Bluff

Pine Bluff
 Nome curto
    Pine Bluff (en)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
City of Pine Bluff (en)  
Pine Bluff (en)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
(2006)
 Instancia de
 Parte de
 Texto lema
City of Progress Editar o valor en Wikidata
Características
Implicados
 Xefe do goberno
 Ten en propiedade
Datas
 Fundación / creación
8 de xaneiro de 1839 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
Localización
 Situado en
 Situado na entidade estatística
 Bañado por
 Continente
 Comparte fronteira con
White Hall (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Irmandado con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
49.083 (2010) censo
41.253 (2020) censo Editar o valor en Wikidata
 Número de fogares
   16.808 (2020) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
120,69298 km²
120,69599 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   67 m Editar o valor en Wikidata
 Porcentaxe área de auga
   4,3453 % Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal71601 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap6689534 Editar o valor en Wikidata
VIAF261672961 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0qtz9 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

Pine Bluff é a capital do condado de Jefferson en Arcansas (Estados Unidos). A cidade tiña unha poboación de 49.083 habitantes segundo o censo de 2010 [1]. Localízase na sección sueste do estado, no delta de Arcansas á beira do río Arcansas, a súa topografía é plana, cun gran número de regatos e bayous nos seus arredores. A maior parte da poboación é afroamericana.

No momento da chegada dos europeos o principal pobo nativo da rexión eran os quapaw, algúns comerciantes españois e franceses asentáronse na zona establecendo relacións comerciais e casaron con mulleres indíxenas, un fillo dunha destas relacións, Joseph Bonne estableceuse logo dunhas inundacións en 1819 nun outeiro (bluff en inglés) a uns quilómetros do asentamento quapaw, no lugar no que actualmente se levanta a cidade[2]. A partir de 1824 uníronse outras familias europeas. En 1829 a lexislatura estatal estableceu o condado de Jefferson, establecéndose en 1832 a súa capital no asentamento de Bonne, que a partir de outubro pasou a se denominar oficialmente Pine Bluff Town. Durante a Guerra Civil e como consecuencia da Proclamación de Emancipación na localidade instaláronse moitos refuxiados afroamericanos que fuxían da escravitude imperante na Confederación.

  1. Censo de 2010[Ligazón morta]
  2. "History of Pine Bluff". Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2010. Consultado o 28 de abril de 2012.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]