Saltar ao contido

Pilro semipalmado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pilro semipalmado
Estado de conservación
Case ameazada (NT)
Case ameazada[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Scolopacidae
Xénero: Calidris
Especie: Calidris pusilla
Linnaeus, 1766

Sinonimia

Ereunetes pusillus (but see text)
Erolia pusilla

O pilro semipalmado (Calidris pusilla) é unha ave costeira moi pequena do xéneo Calidris. Ás veces é separado xunto con outras especies de pilros pequenos no xénero Erolia,, pero, aínda que estes forman un grupo aparentemente monofilético, o vello xénero no que inicialmente se clasificara esta especie era Ereunetes, proposto antes que Erolia. Porén, xeralmente é clasificado como un Calidris.

Descrición

[editar | editar a fonte]

É un pilro pequeno, de 13 a 15 cm de longo, que pesa de 20 a 32 g.[2] Os adultos teñen patas negras e un bico recto, escuro, curto e robusto. O corpo é marrón agrisado escuro na pare superior e branco na inferior. A cabeza e pescozo son marróns agrisados claros. Pode ser difícil de distinguir doutros pilros pequenos similares, especialmente do pilro de Mauri.

Reprodución e hábitat

[editar | editar a fonte]

O seu hábitat de reprodución é a tundra sur do Canadá e Alasca preto da auga. Aniñan no chan. O macho escava varias depresións pouco fondas e a femia escolle unha, fórraa de herba e outros materiais e pon catro ovos. O macho axuda a incubar. Uns poucos días despois a femia abandona os pitos co pai; as crías aliméntanse por si soas.

Comen en chairas lamacentas, capturando a comida usando a vista e sondando co seu sensible peteiro. Esta consiste principalmente en insectos e crustáceos.

Status e migración

[editar | editar a fonte]

Son aves migradoras de longa distancia e pasan o inverno nas costas de Suramérica e algunhas no sur dos Estados Unidos. Migran en bandadas de centos de miles, especialmente en zonas de alimentación favorables como a baía de Fundy e a baía de Delaware. Esta especie é unha rara pero regular ave errante no oeste de Europa.

Aínda que son moi numerosas, estas aves son moi dependentes duns poucos hábitats clave onde fan escala durante as súas migracións, notablemente Mary's Point e Johnson's Mills na baía de Shepody, un brazo da baía de Fundy.[3] Durante os meses de xullo e agosto, a Nature Conservancy of Canada mantén un centro de información sobre estas aves en Johnson's Mills, Nova Brunswick.[4]

  1. "Calidris pusilla". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 November 2013. 
  2. Cornell Lab of Ornithology. "Semipalmated Sandpiper". All About Birds. Cornell University. Consultado o 3 August 2016. 
  3. "Shepody National Wildlife Area". Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2017. Consultado o 29 April 2014. 
  4. "NCC: Johnson's Mills Shorebird Reserve and Interpretive Centre". Nature Conservancy Canada. Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2018. Consultado o 9 January 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]