Saltar ao contido

Pilro pernilongo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pilro pernilongo
 Nome taxon
    Calidris himantopus
 Nome curto
    C. himantopus (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Ciclo diurno
 Categoría taxonómica
 Combinación orixinal
 Conservación
Especie case ameazada
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeCharadriiformes
FamiliaScolopacidae
XéneroCalidris
EspecieCalidris himantopus Editar o valor en Wikidata
(Bonaparte, 1826) Calidris himantopus Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Envergadura
   42,5 cm Editar o valor en Wikidata
 Período de incubación
   20 d Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
 Mapas
Distribución
Fontes e ligazóns
Freebase/m/022_f4 Editar o valor en Wikidata
ITIS554145 Editar o valor en Wikidata
UICN22693437 Editar o valor en Wikidata
CoLPK49 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O pilro pernilongo[1] (Calidris himantopus ou Micropalama himantopus) é unha pequena ave costeira. O seu nome científico específico himantopus significa 'pés de correa' ou 'pés de sandalia'.[2]

Este pilro parécese moito aos pilros máis pequenos. A información obtida da súa secuencia de ADN non é suficiente para determinar se debería ser situado no xénero Calidris ou no xénero monotípico Micropalama.[3] Parece un aliado máis próximo do pilro ferruxento,[4] que é outra especie un pouco estraña que só provisionalmente foi situada en Calidris e que para algúns debería ser separada con el no xénero Erolia.

Reprodúcese na tundra ártica de Norteamérica. é unha ave migradora de longa distancia, que pasa o inverno principalmente no norte de Suramérica. Aparece como unha rara ave errante no oeste de Europa, Xapón e norte de Australia.[5]

Esta especie aniña no chan, poñendo 3 ou 4 ovos. O macho fai un voo de cortexo. Fóra da estación reprodutora, esta ave encóntrase normalmente en augas interiores en vez de en costas abertas.

Pilro pernilongo en Quintana, Texas

Esta especie lembra moito ao pilro ferruxento polo seu bico curvado, longo pescozo, supercilio claro e rabadilla branca. É doadamente distinguible desa especie polas súas patas moito máis longas e claras. Carece ademais dunha obvia barra alar en voo.

Os adultos reprodutores son moi distintivos, moi barrados pola parte inferior e con manchas avermellads por arriba e abaixo do supercilio. O dorso é marrón con centros das plumas máis negros. A plumaxe de inverno é basicamente gris por riba e branca por debaixo.

Os individuos novos lembran os adultos no seu forte debuxo da cabeza e dorso pardo, pero non están barrados por debaixo, e mostran bordos brancos na plumaxe traseira.

Estas aves aliméntanse en chairas de barro, peteirando a comida que ven, a miúdo pinchándoa como fan os Limnodromus, cos cales a miúdo se asocia. Comen principalmente insectos e outros invertebrados.

  1. ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-07.
  2. ↑ Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. pp. 84, 191. ISBN 978-1-4081-2501-4.
  3. ↑ Thomas, Gavin H.; Wills, Matthew A. & Székely, Tamás (2004). "A supertree approach to shorebird phylogeny". BMC Evolutionary Biology 4: 28. PMC 515296. PMID 15329156. doi:10.1186/1471-2148-4-28.
  4. ↑ Jehl, Jr., Joseph R. "Breeding Biology and Systematic Relationships of the Stilt Sandpiper" (PDF). The Wilson Bulletin 85 (2): 115–147.
  5. ↑ Hayman, Peter; Marchant, John; Prater, Tony (1986). Shorebirds: an identification guide to the waders of the world. Boston: Houghton Mifflin. pp. 384–385. ISBN 0-395-60237-8.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]