Saltar ao contido

Pilro de Maur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pilro de Maur
 Nome taxon
    Calidris mauri
 Nome curto
    C. mauri (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Categoría taxonómica
 Combinación orixinal
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeCharadriiformes
FamiliaScolopacidae
XéneroCalidris
EspecieCalidris mauri Editar o valor en Wikidata
(Cabanis, 1857) Calidris mauri Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Masa
 Envergadura
   32,5 cm Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
 Mapas
Distribución
Fontes e ligazóns
Freebase/m/01tkl8 Editar o valor en Wikidata
ITIS176668 Editar o valor en Wikidata
OTT234671 Editar o valor en Wikidata
UICN22693376 Editar o valor en Wikidata
CoLPK4B Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

O pilro de Maur[1] (Calidris mauri), ou tamén pilriño de Maur,[2] é unha pequena ave limícola do xénero Calidris. Esta é unha das especies limícolas máis abundantes en América do Norte, cunha poboación de millóns. O nome específico mauri fai referencia ao botánico italiano Ernesto Mauri (1791–1836).[3][4] Foi clasificado tamén nos xéneros Erolia e Ereunetes.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Os adultos teñen as patas escuras e bico curto, fino e escuro, máis fino e algo curvado na punta (no pilro semipalmado o bico é máis curto e máis recto). O corpo é castaño por arriba e branco por debaixo, con raias finas no peito. A cabeza é de cor parda avermellada na parte supeior. Esta ave pode ser difícil de distinguir doutras pequenas limícolas similares, especialmente do pilro semipalmado, sobre todo cando ambas as especies teñen a plumaxe de inverno, e son de cor gris. O C. mauri muda á plumaxe de inverno moito máis cedo no outono que o pilro semipalmado.

Distribución

[editar | editar a fonte]

O seu hábitat reprodutor é a tundra de Siberia oriental e de Alasca. Migran cara a ambas as costas atlánticas e pacíficas de América do Norte e do Sur. É unha especie errante moi rara en Europa.

Alimentación

[editar | editar a fonte]

Estas aves aliméntanse nas chairas de lama en lagoas, estuarios e costas mariñas durante a migración e nas estacións non reprodutoras, sondando co bico ou utilizando a vista. Comen xeralmente invertebrados mariños. Durante a estación de cría aliméntanse na tundra e nas pradeiras húmidas. Comen principalmente insectos, pequenos crustáceos e moluscos.

Reprodución

[editar | editar a fonte]

Aniñan no chan, usualmente baixo algunha vexetación. O macho escava varias depresións e a femia selecciona unha e pon alí catro ovos. Ambos os pais incuban os ovos e coidan as crías mentres son dependentes, as cales se alimentan soas. Ás veces, a femia abandona a súa parella e os pitos antes de que estes estean listos para o voo.

  1. ↑ Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada". Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Consultado o 12 de agosto de 2018.
  2. ↑ Xosé M. Peñas Patiño; Carlos Pedreira López; Calros Silvar (2004). Guía das aves de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. p. 192.
  3. ↑ James Sandrock, Jean C. Prior The Scientific Nomenclature of Birds in the Upper Midwest. Páxina 33. Google books.
  4. ↑ Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. pp. 84, 243. ISBN 978-1-4081-2501-4.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]