Saltar ao contido

Pilar Sampedro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPilar Sampedro

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1955 Editar o valor en Wikidata (69/70 anos)
Queiruga, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndocente, pedagoga Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1108375 BUSC: sampedro-martinez-pilar Dialnet: 2991579

Pilar Sampedro Martínez, nada en Queiruga (Porto do Son) en 1955, é unha mestra e pedagoga galega.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É mestra e licenciada en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou na Asesoría de bibliotecas escolares da Consellería de Educación, dirixindo, con Cristina Novoa, un programa que transformou a función as bibliotecas dos centros escolares galegos.[2] Dirixiu as exposicións: Exposición 100 anos de literatura infantil galega[3] e Literatura infantil e xuvenil galega para a paz.[4]

Ten publicado nas revistas Anuario Barbantia, Fadamorgana, EDUGA, Revista Galega de Educación, Raigame. Ademais de A nosa literatura infantil e xuvenil, Anuario de literatura, Guía de literatura infantil e xuvenil non discriminatoria 2004.

Ten participado no Café Barbantia e no portal de Internet Galicia Digital.[5] Xestiona o blog De libros e outros artefactos[6] e No país das marabillas.[7]

Foi xurado dos premios Lazarillo, Fina Casalderrey para a Igualdade, Raíña Lupa, Gala do Libro, Irmandade do Libro, Carlos Mosteiro, Follas Novas, Arume de poesía para a infancia, Xosé Neira Vilas de novela curta[8]

Foi Secretaria do Ateneo de Santiago, vogal de Barbantia, Presidenta e Vicepresidenta segunda de GALIX e Padroa da Fundación Neira Vilas.[8] Tamén colabora con Alumni USC, Museo do Pobo Galego e O Galo.[9]

Na colección Biblioteca virtual Egeria de Galicia Digital:

Pilar Sampedro con Manuel Figueiras Fernández o día no que este foi nomeado Socio de Honra da GALIX (18/10/2025) en Santiago de Compostela
  • Cartas dende o confinamento (2020)
  • Os poemas que intercambiamos no confinamento (2020)
  • Do A ao Z con Concha Blanco (2021)

Coordinadora:

[editar | editar a fonte]
  • Guía de literatura infantil e xuvenil 2005-2007 (Con Montse Pena)
  • Guía de Literatura Infantil e Xuvenil para a Igualdade 2019
  • Guía de Literatura Infantil e Xuvenil para a Igualdade 2021

Coordinadora escolmas:

[editar | editar a fonte]
  • Tropel de marmolubios: antología de la narrativa juvenil gallega (2007). Galix. Con Ánxela Gracián e Maite Leis.

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • Aproximación didáctica á obra de Avilés de Taramancos (1995). Toxosoutos. Con Xosé Agrelo Hermo.
  • Aproximación didáctica á obra de Francisco Añón (2005). Toxosoutos. Con Santiago Romarís e Ramón Blanco.
  • Roteiro literario Francisco Añón e Exposición Francisco Añón. Toxosoutos. Con Santiago Romarís e Ramón Blanco.
  • Exposición Francisco Añón. Toxosoutos. Con Santiago Romarís e Ramón Blanco.
  • Tres capitáns de tempos idos de Avilés de Taramancos (2003). Xerais. Edición e prólogo.
  • Terras de Santiago. Terras de Deza (2008). La Voz de Galicia
  • Caderno didáctico para a posta en escena de As laranxas máis laranxas de todas as laranxas para o CDG (con Cristina Novoa e Magdalena de Rojas)
  • A arte facéndose presente nun tempo e lugar (2024)[10]
  1. "Pilar Sampedro Martínez Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com (en castelán). Consultado o 2025-09-06. 
  2. "Pilar Sampedro Martínez Biblioteca Virtual Egeria". bibliotecavirtual.egeria.gal. Consultado o 2025-09-06. 
  3. "Evento: Un arbol de historias. 100 años de literatura infantil y juvenil Cultura de Galicia". www.cultura.gal. Consultado o 2025-09-06. 
  4. "Exposición de ilustradores galegos...". museodopobo. 
  5. Sampedro, Pilar. "Memoria da Chaira Enteira, un deses anos...". www.galiciadigital.com. Consultado o 2025-09-06. 
  6. "De libros e outros artefactos". delibroseoutros.blogspot.com. Consultado o 2025-09-06. 
  7. "No país das marabillas". Consultado o 2025-09-06. 
  8. 8,0 8,1 "A XANELA DE GÁLIX. Pilar Sampedro". Consultado o 2025-09-06. 
  9. "Pilar Sampedro: «Hai que crear un tecido social activo, unha rede de participación no día a día»". La Voz de Galicia. 2020-07-12. Consultado o 2025-09-07. 
  10. "A arte facéndose presente nun tempo e lugar Biblioteca Virtual Egeria". bibliotecavirtual.egeria.gal. Consultado o 2025-09-06.