Pilar Sánchez Muñoz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPilar Sánchez Muñoz
Biografía
Nacemento1958 Editar o valor em Wikidata (65/66 anos)
Ceuta, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Pilar Sánchez Muñoz, nada en Ceuta en 1958, é unha política do PSOE que foi alcaldesa de Xerez da Fronteira dende o 14 de xaneiro de 2005 até o 11 de xuño de 2011.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Militante do PSOE dende 1985, foi elixida secretaria xeral do PSOE-A de Xerez o 2 de outubro de 2004, responsabilidade que aínda ostenta e que revalidou o 4 de outubro de 2008 novamente. Dende xullo de 2008 forma parte do Comité Federal do PSOE en representación da provincia de Cádiz.

Pilar Sánchez Muñoz é diplomada en Maxisterio (na especialidade de inglés) e licenciada en psicopedagoxía. Funcionaria docente en excedencia, a súa actividade profesional está especializada na orientación psicopedagóxica.[2]

Foi membro da Comisión Permanente do Consello Escolar do Estado, cargo para o que foi elixida en atención á súa dilatada experiencia en temas educativos tanto a nivel profesional como institucional.

En 2015 foi condenada a 4 anos de cárcere polo Tribunal Supremo polos delitos de falsidade en documento oficial, prevaricación e malversación.[3][4] Ingresou na prisión de Alcalá de Guadaíra o 31 de xaneiro de 2016 para cumprir a súa pena.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Nacida para mandar", entrevista en El País, 15 de setembro de 2008 (en castelán).
  2. "- Cadizpedia, Biografía de Pilar Sánchez Muñoz". Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2010. Consultado o 19 de decembro de 2010. 
  3. E. M. CAÑAS , JEREZ. Diario de Cádiz, ed. "Pilar Sánchez, a la cárcel". 
  4. El TS confirma condena de 4 años a exalcaldesa de Jerez Pilar Sánchez (PSOE)