Pilar Otilia López
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1939 Ramirás |
| 1975 – 2015 | |
| Actividade | |
| Ocupación | política, mestra |
María Pilar Otilia López García, nada en Ramirás en 1939, é unha mestra e política galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mestra de profesión, foi nomeada alcaldesa do concello de Ramirás en 1975. Foi a primeira muller alcaldesa da provincia de Ourense. Nas primeiras eleccións municipais democráticas encabezou a candidatura da UCD e foi elixida alcaldesa con maioría absoluta. Revalidaría a alcaldía con maioría absoluta nas sucesivas eleccións: en 1983 á fronte de Coalición Galega, en 1987 á fronte da Coalición Progresista Galega, en 1991 á fronte de Converxencia Centrista e dende 1995 ata 2011 fixoo á fronte do Partido Popular. Nas municipais de 2015 perdeu a maioría absoluta, ante o cal decidiu non recolle-la súa acta de concelleira para facilitar que o PP conservase a alcaldía en minoría como forza máis votada, co seu número 2 Juan Carlos Rodríguez Matías de alcalde. Ostenta o récord de alcaldesa con máis anos de mandato en Galicia, con corenta anos na alcaldía.
| Predecesor: Cesáreo López Rodríguez |
Alcaldesa de Ramirás 1975 - 2015 |
Sucesor: Juan Carlos Rodríguez Matías |