Pilar Hidalgo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pilar Hidalgo
Nacemento3 de maio de 1979
 Cee
NacionalidadeEspaña
Ocupacióntriatleta
editar datos en Wikidata ]

Pilar Hidalgo Iglesias, nada en Cee o 3 de maio de 1979, é unha ex-triatleta galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

No ano 2000, conseguiu os seus primeiros podios na Copa do Mundo de tríatlon, con dous bronces en Toquio[1] e Cancún.[2] Ademais, na cidade mexicana, proclamouse campioa do mundo de ácuatlon [3] Ese mesmo ano quedou segunda no campionato de Europa sub-23 en Irlanda.[4] Dous anos máis tarde coroouse campioa do mundo sub-23 de tríatlon.[5]

No ano 2003 conseguiu a medalla de bronce no Campionato de Europa celebrado en Valencia[6] e proclamouse campioa de España de tríatlon. Sumou ademais dous novos bronces en probas da Copa do Mundo, en Madrid[7] e Atenas.[8] O ano seguinte revalidou o título do campionato de España[5] e logrou unha prata na proba da Copa do Mundo celebrada en Hungría.[9] Participou nos Xogos Olímpicos de Atenas chegando á meta na posición 13ª,[10] cun tempo final de 2:07'37"34, e lonxe das expectativas da propia atleta. Despois de Atenas obtivo outra prata na Copa do Mundo, na proba celebrada en Hamburgo.[11] Logo entrou nunha forte crise deportiva, acompañada dunha lesión, que a mantivo case totalmente afastada da competición durante tres anos.

O 25 de marzo de 2007 regresou á alta competición participando na Copa do Mundo de Mooloolaba (Australia), pero non conseguiu chegar á meta. O 6 de setembro de 2009, durante o Tríatlon de Puigcerdá, sufriu unha arritmia e o corazón púxoselle a 280 pulsacións por minuto.[5] Tivo que ser evacuada en helicóptero e ingresada na UCI,[12] e foille diagnosticada unha dilatación ventricular pola que tivo que deixar definitivamente o deporte.[13]

En 2011, declarou que sufría bulimia nerviosa dende os 15 anos.[14]

Mellores resultados[editar | editar a fonte]

Ácuatlon[editar | editar a fonte]

Campionato do mundo
Lugar Posto Data Marca Medalla
Flag of Mexico.svg Cancún 1 2000 32'38'' Ouro Ouro

Tríatlon[editar | editar a fonte]

Campionato do mundo
Lugar Posto Data Marca Medalla
Flag of New Zealand.svg Queenstown 22 06.12.2003 2:11'27"
Portugal Madeira 19 09.05.2004 1:55'48"
Flag of Canada.svg Vancouver Non rematou 08.06.2008
Copa do Mundo
Lugar Posto Data Marca Medalla
Xapón Toquio 3 16.07.2000 2:03'31" Bronce Bronce
Hungría Tiszaujvaros 5 06.08.2000 1:57'27"
Flag of Mexico.svg Cancún 3 5.11.2000 2:00'21" Bronce Bronce
Xapón Gamagori 14 15.04.2001 2:02'17"
Xapón Ixigaqui 10 22.04.2001 2:00'55"
Flag of Russia.svg San Petersburgo 34 27.04.2002 2:12'12"
Hungría Tiszaujvaros 15 28.07.2002 1:58'36"
Hungría Tiszaujvaros 7 3.08.2003 1:58'14"
España Madrid 3 21.09.2003 1:59'48" Bronce Bronce
Portugal Madeira 6 19.10.2003 2:02'23"
Grecia Atenas 3 25.10.2003 2:7'13" Bronce Bronce
Australia Geelong 5 23.11.2003 2:09'36"
Hungría Tiszaujvaros 2 1.08.2004 1:53'00" Prata Prata
Alemaña Hamburgo 2 4.09.2004 1:58'59" Prata Prata
España Madrid 11 19.09.2004 2:10'41"
Flag of Mexico.svg Mazatlán 24.04.2005 non rematou
Australia Mooloolaba 25.03.2007 non rematou
Xapón Ixigaqui 15.04.2007 non rematou
Alemaña Hamburgo 11ª 6.07.2008 2'02"38
Austria Kitzbühel 21ª 20.07.2008 2'03"31

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Resultados de Toquio 2000". www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 21 de xuño de 2019. 
  2. "Resultados de Cancún 2000". www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 21 de xuño de 2019. 
  3. "Campionatos internacionais de tríatlon, dúatlon e ácuatlon". www.gbrathletics.com (en inglés). Consultado o 21 de xuño de 2019. 
  4. "Resultados de Enniskillen 2000". tri.paul.italix.ch (en alemán). Consultado o 21 de xuño de 2019. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Pilar Hidalgo: "Simplemente quiero vivir"". 20 minutos (en castelán). 6 de outubro de 2009. Consultado o 21 de xuño de 2019. 
  6. "Pilar Hidalgo, bronce en Madrid". As (en castelán). 21 de setembro de 2003. Consultado o 21 de xuño de 2019. 
  7. "Resultados de Madrid 2003". www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 21 de xuño de 2019. 
  8. "Resultados de Atenas 2003". www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 21 de xuño de 2019. 
  9. "Resultados de Tiszaujvaros". www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 21 de xuño de 2019. 
  10. "Ana Burgos, séptima en triatlón". El País (en castelán). 25 de agosto de 2004. Consultado o 21 de xuño de 2019. 
  11. "Resultados de Hamburgo 2004". www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 21 de xuño de 2019. 
  12. "Pilar Hidalgo, la triatleta olímpica retirada al dar 280 pulsaciones: "Aún no he olvidado el susto"" (en castelán). 3 de xullo de 2017. Consultado o 21 de xuño de 2019. 
  13. "Pilar Hidalgo deja el deporte por una dolencia que casi le cuesta la vida". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de xaneiro de 2010. Consultado o 21 de xuño de 2019. 
  14. "Pilar Hidalgo: «Ingresé al ver que podía perder a mi pareja y mi vida»". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de xuño de 2011. Consultado o 21 de xuño de 2019.