Pilar Cibreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pilar Cibreiro Santalla»)
Infotaula de personaPilar Cibreiro
Biografía
Nacemento1952 Editar o valor em Wikidata (71/72 anos)
Vilaboa, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , escritora , novelista Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNovela, poesía, conto
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 5582602

Pilar Cibreiro Santalla, nada en 1952 en Vilaboa (Valdoviño), é unha escritora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pasou a súa mocidade en Madrid, onde comezou a súa andaina como escritora, facendo algunha escapada a Londres e Barcelona. En 1998 retornou á súa terra.

Algúns dos seus contos forman parte de antoloxías seleccionadas para o estudo do español, coma Días de lluvia no Reino Unido e Santalla el escapado en Alemaña.

O seu conto “Días de lluvia” foi escollido por Ángeles Encinar para formar parte da súa antoloxía Cuentos de este siglo (Lumen, 1995).[1]

Un dos seus poemas foi seleccionado por Ramón Buenaventura para a súa antoloxía Las diosas blancas. Antología de la joven poesía española escrita por mujeres (Hiperión, 1985, 2ª ed. no 86) con tradución francesa: Les Déesses Blanches (Noël Blandin, 1989). Outro poema, este en galego, “A miña lingua”, forma parte do traballo Pensando nelas.[2][3]

Obra[editar | editar a fonte]

Prosa en lingua castelá[editar | editar a fonte]

  • El cinturón traído de Cuba 1985, Alfaguara.
  • Arte de acecho 1990, Alfaguara.
  • El dueño del trigo 2005, Random hause-Mondadori.

Poesía en lingua galega[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Cuentos de este siglo". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 31 de maio de 2015. 
  2. "Poetas y poemas del CD Pensando nelas" Arquivado 09/05/2016, en Wayback Machine. blog
  3. "A miña lingua" blog

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]