A obra está dividida en "passus" (en latín "pasos"), dos cales Langland fixo varias revisións, cousa que contribuíu á existencia de 52 manuscritos do poema final de Piers Plowman, dos cales existen polo menos tres versións (ou posibelmente catro)[5].
O poema relata tres visións dentro dun soño que o protagonista ten mentres adormece, caendo nun sono profundo, preto dos outeiros Malvern.
Na primeira visión, a Igrexa Católica (coa Dama Recompensa) intenta seducir o soñador con riquezas e todo tipo de bens materiais.
Na segunda, o protagonista contempla a Piers Plowman, un humilde e traballador labrego que guía unha multitude de penitentes na procura da Santa Verdade.
Na terceira visión, o soñador tenta buscar o mellor e o máis grande, pero fracasa no seu intento e antes de conseguilo, morre de fame e como consecuencia das febres.
Semella que a principal fonte de inspiración para Piers Plowman, de William Langland, se atopa en "Song of the Husbandman"[6], un poema que denuncia claramente a situación do campesiñado e o clima de explotación no que vive. A diferenza doutros poemas satíricos e morais da época, este texto está escrito en primeira persoa para facer máis vivos os feitos que denuncia a favor dos campesiños oprimidos e contra os explotadores, recollidos estes na figura dos funcionarios do rei.
↑Plowman, en inglés moderno ploughman, é un labrego. Piers é un nome de pía, equivalente a Pedro.
↑Sobecki, Sebastian (2018). "Hares, Rabbits, Pheasants: Piers Plowman and William Longewille, a Norfolk Rebel in 1381". Review of English Studies: 1–21. doi:10.1093/res/hgx130.
↑Benson, C. David (2001). Kathleen M. Hewett-Smith, ed. "The Langland Myth," in William Langland's Piers Plowman: A Book of Essays. Nova York: Routledge. p.83–99.
Benson, CD Public Piers Plowman: Modern Scholarship and Late Medieval English Culture (Filadelfia, University of Pennsylvania Press, 2003).
Bowers, J. M. Chaucer and Langland: The Antagonistic Tradition (Notre Dame: University of Notre Dame Press, 2007).
Brewer, C. Editing Piers Plowman: The Evolution of the Text (Cambridge, CUP, 1996) (Cambridge Studies in Medieval Literature, 28).
Cole, Andrew (1995). "Trifunctionality and the Tree of Charity: Literary and Social Practice in Piers Plowman". English Literary History62: 1-27. doi:10.1353/elh.1995.0003.
Sobecki, Sebastian (2018). "Hares, Rabbits, Pheasants: Piers Plowman and William Longewille, a Norfolk Rebel in 1381". Review of English Studies69: 1-21. doi:10.1093/res/hgx130.
Watson, Nicholas (2007). "Piers Plowman, Pastoral Theology, and Spiritual Perfectionism: Hawkyn's Cloak and Patience's Pater Noster". Yearbook of Langland Studies vol. 21: 83-118.
Piers Plowman and Its Sequence de John Matthews Manly, vol. 2, The End of the Middle Ages*, en The Cambridge History of English and American Literature*, 18 vols., editado por AW Ward e AR Waller (1907–21).