Pierre Victor Auger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pierre Victor Auger, nado en París o 14 de maio de 1899 e finado na mesma cidade o 24 de decembro de 1993, foi un físico francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballou no campo da física atómica, da física nuclear e dos raios cósmicos. En 1925 descubriu o efecto Auger, empregado posteriormente para detectar impurezas nas superficies cristalinas.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.