Pierre Fournier
(1941) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (fr) Pierre Léon Marie Fournier 24 de xuño de 1906 15º distrito de París |
| Morte | 8 de xaneiro de 1986 Xenebra |
| Educación | Conservatorio de París |
| Actividade | |
| Ocupación | violoncellista, arranxador musical, profesor de música, músico |
| Empregador | Conservatorio de París |
| Xénero artístico | Música clásica |
| Profesores | Paul Bazelaire e Gérard Hekking |
| Instrumento | Violoncello |
| Familia | |
| Fillos | Jean Fonda |
| Irmáns | Jean Fournier |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Biblioteca dixital BEIC |
Pierre Fournier, nado en París o 24 de xuño de 1906 e finado en Xenebra o 8 de xaneiro de 1986, foi un cellista francés, coñecido coma o "aristócrata dos cellistas" pola súa elegante musicalidade e o seu son.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dun xeneral da armada francesa. A súa nai aprendeulle a tocar o piano, mais tivo un polio sendo un neno e perdeu parte da destreza dos pés e pernas. Tendo dificultades cos pedais do piano, cambiouse ao cello.
Graduouse no Conservatorio de París, onde estudou cos mestres Paul Bazelaire e André Hekking aos 17 anos, en 1923. Foi proclamado como "o cellista do futuro" e gañou loanzas polo seu virtuosismo e pola súa técnica do arco.
Acadou fama cando tocou coa Orquestra de Edouard Colonne en 1925, e andou de xira por toda Europa. Tocou con moitos dos máis prestixiosos e aclamados músicos do seu tempo, e gravou completas as pezas de música de cámara de Brahms e Schubert para a BBC en acetatos. Mais, as mesmas se deterioraron antes de que puideran ser transferidas a un medio máis duradeiro.
Fournier deu clases na École Normale de Musique en París e no Conservatorio de París dende 1937 a 1949. Fixo a súa primeira xira nos Estados Unidos en 1948 e tocou, con grande aclamación, en Nova York e Boston.
A partir de 1956 residiu en Suíza, aínda que sempre mantivo a súa cidadanía francesa. En 1963, nomeárono membro da Lexión de Honor.
Continuou tocando ata os 79 anos. Tamén seguiu dando clases particulares na súa casa en Xenebra: o cellista británico Julian Lloyd Webber está entre os seus discípulos.
O seu fillo Jean-Pierre chegou a ser pianista baixo o nome de Jean Fonda.
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]Premio Grammy á Mellor Interpretación de Música de Cámara:
- Pierre Fournier, Arthur Rubinstein e Henryk Szeryng por Schubert: Trios No. 1 in B Flat, Op. 99 and No. 2 in E Flat, Op. 100 (Premios Grammy de 1976-1976)
- Pierre Fournier, Arthur Rubinstein & Henryk Szeryng for Brahms: Trios (Complete)/Schumann: Trio No. 1 in D Minor (1975)