Pico do Fogo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pico do Fogo
O Pico do Fogo, e o Pico Pequeno á dereita

Elevación: 2.839 metros
Latitude: 47° 14′ 57″ N
Lonxitude: 24° 20′ 32″ W
Localización: Cabo Verde
Cordilleira:
Primeira acensión:
Rota máis fácil: Portela - Pico do Fogo
Localización do Pico do Fogo en Cabo Verde

O Pico do Fogo (ou Monte do Fogo), sito na illa do Fogo, é a cima máis elevada do arquipélago de Cabo Verde, cunha altura de 2.839 m.s.n.m., sendo, logo do Pico do Teide a segunda cota en altitude do Océano Atlántico. Érguese como un estratovolcán interior no enorme cráter da Chã das Caldeiras (con 8 km de diámetro) e 1.200 m sobre o solo do cráter.

No interior do cráter aséntase a pequena aldea da Chã das Caldeiras.

Actividade[editar | editar a fonte]

Unha das primeiras erupcións rexistradas, violentísima, do cráter principal, tivo lugar no 1680, na entón chamada illa de "São Filipe", que mudou o seu nome para o actual de Fogo. Nos anos 1785, 1799, 1847, 1852, 1857 e 1951 rexistráronse outras erupcións. A última tivo lugar a data de 2 de abril de 1995, desbordando a lava o bordo da Chã das Caldeiras, e orixinando un volcán veciño, o Pico Pequeno, de 1.950, no pé oeste do Pico.

Conservación[editar | editar a fonte]

O Pico forma parte dunha zona natural protexida. Nos límites da zona, en ladeiras do macizo volcánico cultívanse videiras e café.

Ascenso[editar | editar a fonte]

A escalada do Pico do Fogo é relativamente fácil, máis recoméndase contratar guía.