Pico Turquino
Tipo | montaña | |||
---|---|---|---|---|
Localizado na área protexida | Turquino National Park (en) | |||
Localización | ||||
Continente | América do Norte e América | |||
División administrativa | Provincia de Santiago de Cuba | |||
| ||||
Cordilleira | Sierra Maestra | |||
Características | ||||
Altitude | 1.974 m | |||
Prominencia topográfica | 1.974 m | |||
O Pico Turquino é o punto de maior altitude da illa de Cuba con 1 974 metros sobre o nivel de mar. É o único lugar de Cuba onde se rexistrou oficialmente unha nevarada en febreiro de 1900.[1]
Contexto xeográfico
[editar | editar a fonte]Atópase no centro da Sierra Maestra, a maior cordilleira de Cuba. A montaña álzase sobre un escenario de 17.540 hectáreas de ríos, bosques, vales e cumes. Hai dous accesos típicos para escalalo, un dende territorio da provincia de Santiago de Cuba e outro, máis suave, dende a provincia de Granma.
Historia
[editar | editar a fonte]Os primeiros rexistros de visitas ó seu cume remóntanse a 1915 polo botánico sueco Erik Leonard Ekman, e como curiosidade, aparece como "Tarquino" nun mapa elaborado polo xeógrafo flamengo Gerardo Kramer a finais do século XVI.[2] A zona, na época da conquista española estaba dominada por un cacique taíno chamado Tarquino ou Turquino. Segundo se cre, o nome provén das palabras aborixes turey e quino. A primeira delas era utilizada para designar ó ceo e a segunda utilizábase para denominar a unha persoa ou cousa importante ou elevada. Polo que se cre que Turquino quere dicir "Montaña do Ceo" ou "Elevación do Ceo".[3]
No alto atópase un busto de José Martí que colocou, no ano do centenario do seu nacemento (1953), Celia Sánchez Manduley acompañada do seu pai. O busto é obra da escultora Jilma Madera.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Nieve en Cuba (en italiano)". Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2013. Consultado o 23 de maio de 2019.
- ↑ Pico Turquino EcuRed
- ↑ La montaña más alta de Cuba está en Guamá