Picapeixe cintado
| Picapeixe cintado | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
|
Sinonimia
| |||||||||||||||||||
|
Conservación
| |||||||||||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||||||||
O picapeixe cintado[1] (Megaceryle alcyon) é unha especie grande e rechamante de picapeixe nativa de América do Norte.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]O naturalista sueco Carl Linné acuñou para esta especie o nome científico Alcedo alcyon en 1758 na décima edición da súa obra Systema Naturae. Baseouse nas descricións e imaxes publicadas por Mark Catesby (1731), John Ray (1713) e George Edwards (1750).[2] O xénero actual Megaceryle creouno o naturalista alemán Johann Jakob Kaup en 1848.[3] Megaceryle procede do grego antigo megas, 'grande', e do nome de xénero xa existente Ceryle. O nome específico alcyon é a palabra latina para 'picapeixe'.[4]
Os grandes picapeixes verdes Megaceryle foron anteriormente situados no xénero Ceryle, xunto co Ceryle rudis, pero este último está máis próximo aos picapeixes verdes americanos Chloroceryle. O parente vivo máis próximo do picapeixe cintado é o Megaceryle torquata, e estes dous con toda probabilidade orixináronse a partir dun Megaceryle africano que colonizou América.[5]
Descrición
[editar | editar a fonte]É unha ave robusta, de mediano tamaño que mide entre 28–35 cm de lonxitude cunha envergadura de entre 48 e 58 cm. Pode pesar desde 113 a 178 g.[6][7] A femia adulta como media é lixeiramente máis grande que o macho adulto.
Ten unha cabeza grande cunha crista de plumas con aspecto despeiteado. O bico é longo e pesado de cor negra coa base gris. Estas características son comúns en moitas especies de picapeixes. Presenta un dimorfismo sexual inverso, coa femia con cores máis rechamantes que o macho. Ambos os sexos teñen unha cabeza azul lousa, unha banda branca a modo de colar no pescozo, unha banda azul grande no peito, e partes ventrais brancas. O dorso e ás son azul lousa con as puntas das plumas negras con poucos puntos brancos. A femia ten unha banda marrón avermellada no ventre superior que se estende ata os flancos. Os individuos novos desta especie son similares aos adultos, pero ambos os sexos presentan unha banda marrón avermellada no ventre superior. Os machos novos teñen esa banda con algunhas manchas mentres que as femias novas téñena moito máis delgada que as femias adultas.[8]
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]É o único picapeixe na maioría da súa área de distribución e o seu hábitat reprodutor é preto de corpos de auga interiores ou costeiros da maior parte de América do Norte, no Canadá, Alasca e os Estados Unidos. Migran en inverno desde a parte norte da súa área de distribución ao sur dos Estados Unidos, México, América Central, e as Antillas Menores. É un visitante raro do norte de Colombia, Venezuela e as Güianas.[9][10][11] Durante a migración pode desviarse lonxe da terra; foi rexistrada como visitante accidental en varias illas do Pacífico, como a illa Cocos, illa Malpelo, Hawai,[12] as Azores,[13] illa Clarion,[14] e apareceu tamén como unha ave errante extremadamente rara en Ecuador,[13] Groenlandia, Irlanda, Países Baixos, Portugal, e o Reino Unido[15] (cinco rexistros desde 1908).[16] Os rexistros máis ao sur de M. alcyon foron nas illas Galápagos, onde aparece como migrante en pequeno número pero aparentemente todos os anos.[17][18][19]
Marcha das áreas do norte da súa distribución cando se conxela a auga, pero en áreas máis cálidas é un residente permanente. Uns poucos individuos poden pasar máis tempo no norte mesmo nos invernos máis fríos excepto no Ártico, sempre e cando haxa corpos de auga que permanecen abertos.[20]
Ecoloxía e comportamento
[editar | editar a fonte]
O picapeixe cintado vese a miúdo pousado en árbores, postes ou outros puntos axeitados de observación preto da auga antes de mergullarse de cabeza para capturar un peixe. Tamén comen anfibios, moluscos, pequenos crustáceos, insectos, pequenos mamíferos, pequenas aves, réptiles e bagas.[21]
Cando o picapeixe voa polo seu hábitat, frecuentemente emite unha característica chamada repenicante.[22][23][24]
Nidifica nun túnel horizontal feito na ribeira dun río ou banco de area que escavan ambos os membros da parella. A femia pon de cinco a oito ovos e ambos os adultos comparten a tarefa de incubar os ovos e a alimentación das crías. Durante a estación reprodutora, os machos poden tamén mostrar un forte grao de territorialidade na área veciña ao seu niño, espantando os conespecíficos e predadores.
O niño é un túnel longo que adoita ascender. Unha posible razón para esta forma ascendente é que, en casos de asolagamento, os polos poderían sobrevivir coa bolsa de aire formada no final do túnel.[22]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ Linnaeus, C. (1758). Systema Naturae (en latín) 1 (10ª ed.). Stockholm: Lars Salvius. p. 115.
- ↑ Kaup, Johann Jakob (1848). "Die Familie der Eisvögel (Alcedidae)". Verhandlungen des Naturhistorischen Vereins für das Großherzogthum Hessen und Umgebung (en alemán) 2: 68. OCLC 183221382.
- ↑ Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. pp. 40, 245. ISBN 978-1-4081-2501-4.
- ↑ Moyle, Robert G. (2006). "A molecular phylogeny of kingfishers (Alcedinidae) with insights into early biogeographic history". Auk 123 (2): 487–499. doi:10.1642/0004-8038(2006)123[487:AMPOKA]2.0.CO;2. hdl:1808/16596.
- ↑ Cornell Laboratories of Ornithology. "All About Birds: Belted Kingfisher". Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2008. Consultado o 12 de xuño de 2008.
- ↑ "Belted kingfisher videos, photos and facts – Megaceryle alcyon". ARKive. 2013-03-27. Arquivado dende o orixinal o 2010-12-21. Consultado o 2013-03-31.
- ↑ Alderfer, Jonathan, ed. (2008). National Geographic Complete Birds of North America. Washington, D.C.: National Geographic. p. 362. ISBN 978-0-7922-4175-1.
- ↑ Ridway, R. (1914). "The birds of North and Middle America: A descriptive catalogue of the higher groups, genera, species, and subspecies of birds known to occur in North America, from the Arctic lands to the Isthmus of Panama, the West Indies and other islands of the Caribbean Sea, and the Galapagos Archipelago. Part VI". Bulletin of the United States National Museum 50: 1–902.
- ↑ Meyer de Schauensee, R. (1949). "The birds of the Republic of Colombia [Accipitridae–Picidae]". Caldasia 5 (23): 381–644.
- ↑ Renaudier, A.; Comite d'Homologation de Guyane (2010). "Rare birds in French Guiana in 2005–07" (PDF). Cotinga (32): 95–104.
- ↑ Henshaw, H.W. (abril de 1902). "Belted Kingfisher in the Island of Hawaii". Auk 19 (2): 199. JSTOR 4069320. doi:10.2307/4069320.
- 1 2 Cisneros-Heredia, Diego F. (2016). "First documented record of the Belted Kingfisher Megaceryle alcyon (Linnaeus, 1758) in mainland Ecuador.". PeerJ Preprints (PeerJ) 4 (e1896v1). doi:10.7287/peerj.preprints.1896v1.
- ↑ Brattstrom, Bayard H.; Howell, Thomas R. (1956). "The Birds of the Revilla Gigedo Islands, Mexico" (PDF). Condor (Cooper Ornithological Society) 58 (2): 107–120. JSTOR 1364977. doi:10.2307/1364977.
- ↑ BirdLife International. "Megaceryle alcyon". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
- ↑ Halliday, Josh (2022-01-05). "Rare kingfisher sighting in Preston draws thousands". The Guardian. Consultado o 2022-01-06.
- ↑ Lévêque, R.; Bowman, R.I.; Billeb, S.L. (1966). "Migrants in the Galápagos area". Condor (Cooper Ornithological Society) 68 (1): 81–101. JSTOR 1365177. doi:10.2307/1365177.
- ↑ Harris, M.P. (1973). "The Galápagos Avifauna". Condor (Cooper Ornithological Society) 75 (3): 265–278. JSTOR 1366166. doi:10.2307/1366166.
- ↑ Wiedenfeld, D.A. (2006). "Aves, The Galapagos Islands, Ecuador". Check List 2 (2): 1–27. doi:10.15560/2.2.1.
- ↑ Henninger, W.F. (1906). "A preliminary list of the birds of Seneca County, Ohio" (PDF). Wilson Bulletin 18 (2): 47–60.
- ↑ "Megaceryle alcyon (Belted kingfisher)". Animal Diversity Web.
- 1 2 Cornell Laboratories of Ornithology. "All About Birds: Belted Kingfisher". Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo sw 2009. Consultado o 19 June 2009.
- ↑ "Do You Know the Proper Names for Different Bird Flocks?". The Spruce (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2022. Consultado o 2022-02-26.
- ↑ Parnell, Marc (2022). Birds of Alabama (The Birding Pro's Field Guides) (en English). Cleveland, Ohio: Naturalist & Traveler Press. pp. 114–115. ISBN 9781954228252.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Aves |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cramp, Stanley, ed. (1985). "Ceryle alcyon Belted Kingfisher". Handbook of the birds of Europe the Middle East and North Africa. The Birds of the Western Palearctic. Volume IV: Terns to Woodpeckers. Oxford: Oxford University Press. pp. 731–733. ISBN 0-19-857507-6.
- Fry, C. Hilary; Fry, Kathie; Harris, Alan (1992). Kingfishers, Bee-eaters, and Rollers. Londres: Christopher Helm. pp. 234–236. ISBN 978-0-7136-8028-7.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Picapeixe cintado |
| Wikispecies posúe unha páxina sobre: Picapeixe cintado |
- Belted Kingfisher – Ceryle alcyon Arquivado 08 de xullo de 2023 en Wayback Machine. – USGS Patuxent Bird Identification InfoCenter
- Vídeos, fotos, e sons de picapeixe cintado na Internet Bird Collection
- Galería de fotos de picapeixe cintado en VIREO (Universidade de Drexel)
- Oiseaux.net Fotos
- Sons do picapeixe cintado no Museo de Historia Natural da Florida

