Saltar ao contido

Picapau mediano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Picapau mediano
Dendrocoptes medius
Carl von Linné 1758 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Nome curto
D. medius Editar o valor en Wikidata
 Categoría taxonómica
 Combinación orixinal
 Sinónimo taxonómico
 Taxon homónimo
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdePiciformes
FamiliaPicidae
TriboMelanerpini
XéneroDendrocoptes
EspecieDendrocoptes medius Editar o valor en Wikidata
(Linnaeus, 1758) Dendrocoptes medius Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/03vc3b Editar o valor en Wikidata
ITIS1145269 Editar o valor en Wikidata
OTT499959 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

O picapau mediano[1] (Dendrocopos medius) é unha ave da familia Picidae.

Descrición

[editar | editar a fonte]

A súa cabeza é vermella, a plumaxe é branca no peito, rosada no ventre baixo a cola, negra no dorso coas ás negras moi manchadas de branco, e marcas negras nas partes laterais do pescozo, que se converten en bigotes (como no picapau sirio). O seu corpo mide entre 20 e 22 cm de lonxitude, máis pequeno có picapau grande, pero maior có picapau pequeno. A súa envergadura ascende a 34 cm en media. O peso dun adulto varía entre 50 e 85 g.

É un paxaro discreto, que fica xeralmente nas copas, sobre as grandes pólas das árbores. Prefire rexións do bosque de follas caducas, especialmente áreas con carballos, carpes ou olmos de arboredo denso. Gústalle alimentarse na parte alta nas árbores, movéndose constantemente e facendo unha boa visión difícil. Aliméntase predominante de insectos e das súas larvas, que atopa entre as pólas e poliñas máis ben debaixo da codia; tamén toma o zume das árbores e come sementes, especialmente de faias, carpes e carballos.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Atópase amplamente espallada polo Paleártico occidental, dende Irán á Cordilleira Cantábrica, en España, e dende Letonia ao sueste de Turquía¹³. A poboación mundial está estimada ao redor das 140.000 parellas reprodutoras, co groso dos seus efectivos no leste e sueste europeos².

Reprodución

[editar | editar a fonte]
Dendrocopos medius

Na estación de crianza escava un burato, de preto dos 5 cm de ancho, nalgún tronco ou nunha póla grosa. Pon de catro a sete ovos e os choca entre 11 e 14 días, ficando os pitos no niño de 21 a 23 días.

Madura sexualmente ao final do primeiro ano. Durante a estación de crianza é monógamo. A asociación debilítase tras a crianza, pero pode continuar con distancia no inverno e renóvase durante a tempada de celo principal. Dende finais de xaneiro e máis frecuentemente en febreiro e marzo o macho peteira e fai chamadas ruidosos dende o seu territorio. Se unha femia se achega, o macho intensifica o súa chamada e realiza sorprendentes voos de flotación ata que atrae á femia. A continuación sedúcea. Ao mesmo tempo ergue as plumas vermellas da súa cabeza. A femia examina o burato preparado polo macho e adopta unha postura para a cópula. Os primeiros apareamentos teñen lugar en febreiro e son frecuentes en marzo.

O seu comportamento é marcadamente territorial durante todo o ano e inclúe enfrontamentos cos carpinteiros grandes. As chamadas inclúen un rápido, kik kikikikik que afirma cun gvaik gvaik gvaik gvaik gvaik, lento e nasalizado.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-07.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Cramp, S. (Ed.). 1998. The Complete Birds of the Western Palearctic. Oxford CDROM. Oxford University Press.
  • BirdLife International. 2004. Birds in Europe: populations estimates, trends and conservation status. Cambridge, UK: BirdLife International. BirdLife Conservation Series No. 12.
  • Domínguez, J. 2010. Pico mediano – Dendrocopos medius. En: Enciclopedia Virtual de los Vertebrados Españoles. Salvador, A., Bautista, L. M. (Eds.). Museo Nacional de Ciencias Naturales, Madrid. http://www.vertebradosibericos.org/aves/pdf/denmed.pdf