Saltar ao contido

Picanzo castaño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Picanzo castaño
 Nome taxon
    Lanius cristatus Carl von Linné 1758 Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
    L. cristatus (mul)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Sinonimia
Otomela cristata (Linnaeus, 1758)
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdePasseriformes
FamiliaLaniidae
XéneroLanius
EspecieLanius cristatus Editar o valor en Wikidata
Linnaeus, 1758 Lanius cristatus Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Masa
 Tamaño da niñada
   4,9 Editar o valor en Wikidata
 Período de incubación
   13 d Editar o valor en Wikidata
Localización
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/023k9h Editar o valor en Wikidata
ITIS178525 Editar o valor en Wikidata
OTT802894 Editar o valor en Wikidata
UICN22705011 Editar o valor en Wikidata
CoL3S7BL Editar o valor en Wikidata
EOL1050635 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

O picanzo castaño[1] (Lanius cristatus) é unha ave da familia Laniidae que vive principalmente en Asia. Está estreitamente emparentado co picanzo vermello (L. collurio) e o picanzo isabelino (L. isabellinus). O nome do xénero, Lanius, deriva da palabra latina que significa 'carniceiro'. O nome específico cristatus significa en latín 'cristado, emplumado'.[2]

Igual que a maioría dos picanzos, ten unha distintiva "máscara de bandido" que cruza os ollos e vive principalmene en hábitats de mato aberto, onde se pousa na parte superior de arbustos espiñentos para buscar presas. Varias poboacións desta espallada especie forman subespecies que se reproducen na Asia temperada e migran aos seus cuarteis de inverno de Asia tropical. Aparecen por veces como aves errantes en Europa e América do Norte.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

En 1747 o naturalista inglés George Edwards incluíu unha ilustración e descrición do picanzo castaño no seu segundo volume da súa obra A Natural History of Uncommon Birds. Utilizou para el o nome inglés "The Crested Red, or Russit Butcher-Bird". Edwards baseou o seu gravado coloreado a man nun espécime que lle enviaran desde Bengala ao deseñador de estampados en seda Joseph Dandridge de Londres.[3] Cando en 1758 o naturalista sueco Carl Linné actualizou a súa obra Systema Naturae para a décima edición, situou o picanzo castaño xunto con outros picanzos no xénero Lanius. Linné incluíu unha breve descrición, acuñou o nome binomial Lanius cristatus e citou o traballo de Edwards.[4][5]

Recoñécense catro subespecies de picanzo castaño:[6]

Descrición

[editar | editar a fonte]
Exemplar inmaturo en Calcuta, India.

Este picanzo é principalmente castaño nas partes dorsais e a cola é arredondada. A máscara negra pode ser máis clara en inverno e cunha cella branca por riba. A parte ventral é cor crema con flancos e ventre marróns avermellados. As ás son castañas e carece de manchas de "espello" branco. As femias tenden a ter un fino filete na parte inferior e unha máscara castaña escura, que non está tan ben marcado coma no macho. A distinción non é fácil para usala no campo pero foi testada con aves reprodutoras en Xapón, onde a femia pode ser identificada pola presenza dun parche para incubar.[7] Utilizando moitas medidas pódese discriminar o sexo nun 90 % das aves.[8] A subespecie lucionensis ten un píleo gris con tons marróns nas partes superiores e o sobrecú parece máis marrón avermellado que o resto da parte traseira dorsal.[9] A cola é máis acastañada e non tan avermellada coma no picanzo vermello.[10] As aves novas de lucionensis teñen un píleo castaño e carecen de gris na cabeza. A subespecie superciliosus ten unha ancha sobrecella branca e un píleo avermellado máis intenso. A cola é máis vermella e con puntas brancas.[11][12]

Coñécense varias formas que poden causar confusión en Asia central, onde se solapan as poboacións de cristatus, isabellinus e collurio. A taxonomía foi moi cambiante e algunhas formas como phoenicuroides antes consideradas como subespecie de L. cristatus foron trasladadas á especie L. isabellinus.[9][13] A subespecie lucionensis hibrida con superciliosus en Ishikawa, Xapón[14] mentres que superciliosus hibrida con Lanius tigrinus no centro do Xapón.[15]

Distribución

[editar | editar a fonte]
Ovos da especie na colección do Museo de Wiesbaden.

A forma nomeada reprodúcese no norte de Asia desde Mongolia a Siberia e inverna no sur de Asia, Myanmar e a Península de Malaca. Da raza confusus descrita na mesma rexión non se distinguiron ben as súas mrcas distintivas, pero dise que ten unha cella branca máis ancha e partes inferiores máis claras e é ás veces incluída dentro da poboación nomeada. A subespecie superciliosus (ás veces chamado picanzo xaponés) reprodúcese nas illas de Sakhalin, Kuriles e o Xapón e inverna en Hainan, Sumatra, Xava e as illas da Sonda. A subespecie lucionensis, ás veces coñecida como picanzo das Filipinas (nomes lolcais: tarat ou pakis-kis),[16][17][18] reprodúcese en Corea e leste da China invernando principalmente en Taiwán e nas Filipinas, pero tamén nas illas Andamán e na India peninsular.[9][19][20][21] Stuart Baker suxeriu que a especie pode reproducirse nos Montes Cachar de Assam, pero a idea foi cuestionada por Claud Buchanan Ticehurst.[22]

Esa especie é rara en Europa e rexistáronse exemplares errantes nos Estados Unidos e o Canadá.[23][24][25]

Comportamento e ecoloxía

[editar | editar a fonte]
Lanius cristatus lucionensis, o picanzo das Filipinas; repárese no píleo gris e gorxa branca que contrasta coas partes inferiores marróns avermelladas. En Calcata, India.

É unha ave migratoria e novos estudos mostran que teñen unha gran fidelidade polos seus sitios de invernada, a miúdo tornando aos mesmos lugares cada inverno.[26][27][28] Empezan a establecer os seus territorios de invernada pouco despois da súa chegada e as súas chamadas altas de parrafeo ou repenicantes son distintivas. As aves que chegan cedo e establecen os seus territorios parecen ter unha vantaxe sobre os que chegan máis tarde ás áreas de invernada.[29][30] O momento da súa migración é moi regular, e a chegada en inverno á India é en agosto e setembro e a súa partida en abril.[31] Durante o período invernal, realizan unha muda premigraoria.[26] A súa canción nos cuarteis de inverno é débil e lembra un pouco a chamada do estorniño rosado e adoita incluír imitacións doutras aves. Cando cantan manteñen o bico pechado e só se perciben as pulsacións da gorxa, aínda que a ave abanea a súa cola arriba e abaixo mentres canta.[10][32]

A estación reprodutora é a finais de maio ou xuño e o hábitat de reprodución inclúe a taiga, bosques a zonas semidesérticas onde constrúen un niño nas árbores ou arbustos, no que poñen de dous a seis ovos.[33]

Aliméntanse principalmente de insectos, especialmente de lepidópteros.[34] Igual que outros picanzos, empalan as presas en espiñas das plantas. Ás veces as súas presas poden ser tamén aves pequenas e lagartas.[35] Tamén se atopou un Zosterops na súa despensa.[10] Normalmente buscan presas desde un pousadoiro e baixan voando ao chan para capturalas.[36]

  1. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
  2. Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. pp. 142, 219. ISBN 978-1-4081-2501-4.
  3. Edwards, George (1747). A Natural History of Uncommon Birds. Part II. Londres: Printed for the author at the College of Physicians. p. 54, Plate 54.
  4. Linnaeus, Carl (1758). Systema Naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis (en latín) 1 (10ª ed.). Holmiae (Stockholm): Laurentii Salvii. p. 93.
  5. Jobling, James A. (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. p. 121. ISBN 978-1-4081-2501-4.
  6. Gill, Frank; Donsker, David; Rasmussen, Pamela, eds. (xullo de 2021). "Shrikes, vireos, shrike-babblers". IOC World Bird List Version 11.2. International Ornithologists' Union. Consultado o 2 de agosto de 2021.
  7. Takagi, M (1996). "A sexual difference in plumage of Brown Shrike subspecies, Lanius cristatus superciliosus". J. Yamashina Inst. Ornithol. 28 (2): 103–105. doi:10.3312/jyio1952.28.103.
  8. Takagi, Masaoki (1996). "Sexual Size Dimorphism and Sex Determination of a Brown Shrike subspecies, Lanius cristatus superciliosus". Jap. J. Ornithol. 45 (3): 187–190. doi:10.3838/jjo.45.187.
  9. 1 2 3 Rasmussen, PC; JC Anderton (2005). Birds of South Asia: The Ripley Guide. Volume 2. Smithsonian Institution & Lynx Edicions. pp. 349–350.
  10. 1 2 3 Ali, S; SD Ripley. Handbook of the Birds of India and Pakistan. Volume 5 (2ª ed.). Nova Delhi: Oxford University Press. pp. 98–100.
  11. McGregor, RC (1909). A manual of Philippine birds. Part 1. Bureau of Printing, Manila. pp. 596–599.
  12. Worfolk, Tim (2000). "Identification of red-backed, isabelline and brown shrikes" (PDF). Dutch Birding 22 (6): 323–362.
  13. Mauersberger, G; Portenko, L A (1971). "Lanius collurio L., Lanius isabellinus Hemprich u. Ehrenberg und Lanius cristatus L." (PDF). Atlas der Verbreitung palaearktischer Vögel (en alemán) III. Akademie-verlag, Berlin. Consultado o 17 de novembo de 2015.
  14. Ishizuka, T. "A case of hybridization in Brown Shrike subspecies, Lanius cristatus lucionensis and L.c.supercillosus in Kanazawa" (PDF). Strix 9: 71–75.
  15. Imanishi, S; Yoshimitsu Shigeta; Toshiyuki Yoshino (2007). "Interspecific Pair of a Male Brown and a Female Thick-billed Shrike, Lanius cristatus superciliosus and L. tigrinus, and Their Hybrids at Nobeyama Plateau in Central Japan". J. Yamashina Inst. Ornithol. 38 (2): 90–96. doi:10.3312/jyio.38.90.
  16. Kennedy, Robert (2000). A Guide to the Birds of the Philippines. Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0198546689.
  17. Ocon, Romy. "Brown Shrike - Bird Watch (Pbase)". Wild Bird Club of the Philippines. Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2014. Consultado o 1 de outubro de 2013.
  18. Obon, Romy. "Trees of Alabang hills". Manila Old Timer. Arquivado dende o orixinal o 4 de decembro de 2013. Consultado o 1 de outubro de 2013.
  19. Balachandran S; Rajan Sehgal (2008). "Occurrence of Lanius cristatus lucionensis in the Western Ghats, Kerala". J. Bombay Nat. Hist. Soc. 105 (2): 220–221.
  20. Balachandran, S; Rajan, S Alagar (1994). "Philippine Shrike Lanius cristatus lucionensis, a regular winter visitor to South India". J. Bombay Nat. Hist. Soc. 91 (1): 143–144.
  21. Mohapatra, KK; Santharam, V (1992). "Occurrence of the Philippine Shrike Lanius cristatus lucionensis Linn. in coastal Andhra Pradesh". J. Bombay Nat. Hist. Soc. 89 (2): 255–256.
  22. Ticehurst, Claud B (1936). "The Brown Shrike (Lanius cristatus Linn.) in Burma and Assam". J. Bombay Nat. Hist. Soc. 38 (4): 824–825.
  23. King, B.; D. Finch; R. Stallcup; W. Russell (1978). "First North American sighting of Brown Shrike (Lanius cristatus) and Dusky Warbler (Phylloscopus fuscatus), and second of Red-throated Flycatcher (Ficedula parva)". American Birds 32: 158–160.
  24. Foxall, Roger; Ian McLaren (1998). "A Brown Shrike in Halifax, Nova Scotia: First for Canada". Birders Journal 7 (1): 32–36.
  25. "Rare bird seen in Malta for the first time: Brown Shrike spotted in the south by BirdLife". Times of Malta. 3 de novembro de 2017.
  26. 1 2 Lord Medway (1970). "A ringing study of the migratory brown shrike in West Malaysia". Ibis 112 (2): 184–198. doi:10.1111/j.1474-919X.1970.tb00092.x.
  27. Rimmer, CC; CH Darmstadt (1996). "Non-breeding site fidelity in Northern Shrikes". J. Field Ornithol. 67 (3): 360–366.
  28. Takagi, Masaoki (2003). "Philopatry and Habitat Selection in Bull-Headed and Brown Shrikes". Journal of Field Ornithology 74 (1): 45–52. doi:10.1648/0273-8570-74.1.45.
  29. Severinghaus, Lucia Liu (1996). "Territory strategy of the migratory Brown Shrike Lanius cristatus". Ibis 138 (3): 460–465. doi:10.1111/j.1474-919X.1996.tb08065.x.
  30. Betts, FN (1929). "Distribution of the Brown Shrike Lanius cristatus cristatus". J. Bombay Nat. Hist. Soc. 33 (3): 714.
  31. Law, SC (1928). "On the migratory habit of Lanius cristatus cristatus Linn. as observed in the city of Calcutta". Ibis 70 (3): 478–480. doi:10.1111/j.1474-919X.1928.tb08732.x.
  32. Praveen, J (1995). "The song of the Brown Shrike". Newsletter for Birdwatchers 35 (1): 18.
  33. Dresser, HE (1902). A manual of palearctic birds. Part 1. Autopublicación, Londres. pp. 240–242.
  34. Yosef, Reuven (2004). "Perch-site use and inter- and intraspecific aggression of migratory Brown Shrikes (Lanius cristatus) in Southern Taiwan" (PDF). Biological Letters 41 (2): 113–118. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2016-03-03. Consultado o 2008-10-25.
  35. Ganguli, U (1962). "The Redtailed Skink as a food for birds". Newsletter for Birdwatchers 2 (5): 4–5.
  36. Severinghaus, L. L.; C. T. Liang (1995). "Food and foraging of the Brown Shrike (Lanius cristatus) in Taiwan". En Yosef, R.; F. E. Lohrer. Shrikes (Laniidae) of the world: biology and conservation. (Proc. of the First Int. Shrike Symposium – Proc. of the Western Foundation of Vertebrate Zoology, No. 6). Archbold Biological Station, Lake Placid, Florida, USA. pp. 194–199.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]