Saltar ao contido

Picafollas de papo branco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Picafollas de papo branco
 Nome taxon
    Phylloscopus bonelli
 Nome curto
    P. bonelli (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Categoría taxonómica
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdePasseriformes
FamiliaPhylloscopidae
XéneroPhylloscopus
EspeciePhylloscopus bonelli Editar o valor en Wikidata
Vieillot, 1819 Phylloscopus bonelli Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Tamaño da niñada
   3,9 Editar o valor en Wikidata
 Período de incubación
   12 d Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
 Mapas
Distribución
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0642w9z Editar o valor en Wikidata
ITIS562123 Editar o valor en Wikidata
OTT151803 Editar o valor en Wikidata
UICN22715255 Editar o valor en Wikidata
CoL6VFNW Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

O picafollas de papo branco[1] (Phylloscopus bonelli) é un pequeno paxaro que vive en Europa e África, pertencente á familia Phylloscopide (antes estaba clasificado dentro de Sylviidae).

Morfoloxía e hábitos

[editar | editar a fonte]

O picafollas de papo branco ten unha lonxitude duns 11,5 cm e pesa uns 8 gramos. É lixeiramente máis pequeno có picafollas musical. O corpo enteiro é de cor parda con tonalidades amarelas. A parte inferior é máis clara, chegando nalgúns individuos a un ton branco. As patas son de cor carne pálida. Os machos e femias non presentan diferenzas morfolóxicas. Habita en bosques de coníferas e mixtos, chegando ata ó límite de altitude das especies arbóreas. Aliméntase de insectos e de arañas.

Reprodución

[editar | editar a fonte]
Phylloscopus bonelli

A época de cría corresponde ós meses de maio e xuño, sendo a posta duns 5-6 ovos. Necesítanse 13 días para chocar os ovos. Os polos permanecerán 12 días no niño antes de abandonalo.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Presente en Europa Occidental dende a Península Ibérica ata o sur de Alemaña e os Balcáns Occidentais, durante os meses de abril a setembro. Inverna no oeste da África tropical.

  1. ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-07.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • C.D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís e Atocha Ramos Martínez: 100 aves comúns do concello do Grove e áreas veciñas. Concello do Grove. Depósito Legal:C 2423-2009
  • Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons: Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Ediciones Omega. (en castelán)
  • Nicolai, Singer, Wothe: Gran Guía de la Naturaleza AVES. Editorial Everest, s.a. (en castelán)