Piño, A Pobra do Brollón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Piño»)
Piño
Igrexa de Santa María
ConcelloA Pobra do Brollón[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°35′44″N 7°25′50″O / 42.595425, -7.4305611111111Coordenadas: 42°35′44″N 7°25′50″O / 42.595425, -7.4305611111111
Área6,9 km²
Poboación113 hab. (2011)
Densidade16,38 hab./km²
Entidades de poboación6[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Piño é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei. No ano 2011 tiña 113 habitantes (166 en 1991), 56 homes e 57 mulleres, agrupados nas entidades de Corral da Gándara, O Lugar, O Pacio, O Requeixo, Suhortos e Vales, cunha densidade media de 16,38 hab./km².

Limita ao norte coas parroquias de Mosteiro e Freituxe, ao sur coa Parte e Eixón, ao leste coa Ferreirúa, Veiga e Santalla de Rei, e ao oeste con Ribas Pequenas.

Historia[editar | editar a fonte]

Consérvanse restos dun castro prehistórico moi preto da actual localización da aldea. Fúndase con carácter de parroquia de Santa María de Piño o 18 de maio do ano 1222. No ano 1477 o abade de Castro de Rei de Lemos afóralle a Pedro Fernández o casal de Piño.

Nalgúns documentos do século XIII esta parroquia aparece co nome de Ecclia Pinu, Sancta María.

Patrimonio artístico[editar | editar a fonte]

  • Igrexa parroquial de Santa María. Data do século XIX. Posúe unha nave rectangular, muros de cachotaría e cuberta a dúas augas. A fachada ten unha porta adoelada, a sancristía atópase acaroada ó presbiterio. Ten retablos e esculturas no interior, algunhas da anterior edificación.
  • Capela de Balboa. Construíuse no ano 1634 por D. Matías López Pallares

Festividades[editar | editar a fonte]

As festas da Santa Bárbara celébranse o primeiro sábado despois da Ascensión, normalmente no mes de maio.

Lémbranse cabezudos percorrendo as rúas do lugar. Na actualidade hai alborada con gaiteiros, banda ou charanga, misa solemne con procesión, xogos para os pequenos no serán e a noitiña orquestra.

O 15 de agosto celébrase a Santa María, patroa da parroquia.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Piño[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Piño no concello da Pobra do Brollón (Lugo)

Corral da Gándara | O Lugar | O Pacio | Requeixo | Suhortos | Vales

Parroquias da Pobra do Brollón[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias da Pobra do Brollón

Abrence (San Xoán) | Barxa de Lor (Santa Mariña) | Canedo (San Miguel) | Castroncelos (Santiago) | Castrosante (Santa Mariña) | Cereixa (San Pedro) | Eixón (San Xurxo) | Ferreiros (San Salvador) | A Ferreirúa (San Martiño) | Fornelas (Santa Comba) | Lamaigrexa (San Pedro) | Liñares (San Cosme) | Óutara (Santa María) | Parada dos Montes (Santa Einés) | Pinel (Santa María) | Piño (Santa María) | A Pobra do Brollón (San Pedro) | Saa (Santa María) | Salcedo (San Xoán) | Santalla de Rei (Santalla) | Veiga (San Xián) | Vilachá (San Mamede)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]