Abeto de Douglas
| Abeto de Douglas | |||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Pseudotsuga menziesii João Manuel Antonio do Amaral Franco 1950 | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
|
Conservación
| |||||||||||||||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||||||||||||


O abeto de Douglas,[1] tamén coñecido como piñeiro de Oregón, (Pseudotsuga menziesii) é unha árbore do xénero Pseudotsuga orixinaria de América do Norte. En Galicia é empregado en repoboacións forestais e tamén con fins ornamentais.
Descrición
[editar | editar a fonte]É unha árbore de folla perenne e monoica. Adoita chegar aos 75 m de altura, aínda que existen exemplares de ata 100 metros. Está considerada como unha das árbores máis altas do mundo. O abeto máis alto de que se ten constancia era coñecido como "Mineral Tree". Medrou preto de Mount Rainier, en Washington; tiña 1020 anos de idade e 119,8 m de altura, e caeu en 1930. Na actualidade o máis alto é o abeto "Brummit", descuberto en 1991 en Coos County, no Estado de Oregón. Mide 100,27 m de altura e 3,5 m de diámetro, e ten un volume de 296,63 m³.
A súa cortiza é grosa, máis ou menos profundamente fendida e de cor marrón avermellada. En árbores novas a cortiza é gris e con bóchegas de resina.
As follas son acículas flexibles e acanaladas na face, de 2 a 3 cm de lonxitude e de cor verde escura, cun forte olor a limón ou mandarina ao fretar. As inflorescencias masculinas son verde-amareladas e as femininas verdosas ou vermellas.
Piña grande, de cor marrón clara e con brácteas que sobresaen entre as escamas.
Hábitat
[editar | editar a fonte]Na súa área nativa vai dende a latitude 19º ata 55ºN.[2] Medra nunha ampla variedade de condicións climáticas aínda que case todas cunha grande influencia oceánico-marítima caracterizada por invernos húmidos ( 700mm de precipitación como mínimo )[3] e frescos, veraos relativamente secos, e longos períodos libres de xeada. En climas semellantes ao galego a especie medra dende o nivel do mar ata os 1830m de altitude dependendo da orientación: sollío ou avesedo e a exposición.
Ten as mellores medranzas en chans ben aireados, profundos e con pH de 5 a 6. Non prospera ben en chans compactos e con mal drenaxe.[2] É bastante tolerante coa fertilidade do chan aínda que non tolera os chans máis pobres de uzais e toxeiras.
Usos
[editar | editar a fonte]A madeira do abeto Douglas ten unha grande duración, incluso no exterior. Tamén ten excelentes propiedades mecánicas. Ambas características a converten en madeira de elección na construción en determinadas circunstancias. A cor salmón da veta e a ausencia de nós se ben cultivada fai que sexa tamén moi apreciada en carpintaría interior.
É especialmente interesante citar que debido á cobertura da súa copa produce unha zona de sombra onde non medra o monte baixo co que o risco de incendios diminúe moito con respecto a outras coníferas coma o piñeiro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xusto Rodríguez Río (coordinación) (2004). Servizo de Normalización Lingüística da USC, ed. Termos esenciais de botánica (PDF). p. 18.
- 1 2 "Douglas-Fir". srs.fs.usda.gov. Consultado o 2023.
- ↑ "Le douglas en Bretagne : Etude stationnelle et sylvicole" (PDF). bretagne-paysdelaloire.cnpf.fr. Consultado o 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikispecies posúe unha páxina sobre: Abeto de Douglas |
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Abeto de Douglas |
