Saltar ao contido

Philipp Amthor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPhilipp Amthor

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de novembro de 1992 Editar o valor en Wikidata (31 anos)
Ueckermünde, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Membro do Bundestag
26 de outubro de 2021 –
Lexislatura: 20th German Bundestag (en) Traducir

Circunscrición electoral: Q109290710 Traducir

Membro do Bundestag
24 de outubro de 2017 – 26 de outubro de 2021
Lexislatura: 19th German Bundestag (en) Traducir


Datos persoais
ResidenciaTorgelow Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Greifswald (pt) Traducir - ciencias do dereito (2012–2017) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , lobista (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EmpregadorAugustus Intelligence (en) Traducir, membro do consello directivo (–2020)
White & Case (en) Traducir (2017–2020)
Universidade de Greifswald (pt) Traducir, investigador posdoutoral Editar o valor en Wikidata
Partido políticoUnión Demócrata Cristiá de Alemaña (2008–)
Young Union (en) Traducir (2008–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Young Union (en) Traducir (2008–) Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor en Wikidata

Páxina webphilipp-amthor.de Editar o valor en Wikidata
Facebook: amthor.philipp Instagram: philipp.amthor Editar o valor en Wikidata

Philipp Amthor, nado o 10 de novembro de 1992 en Ueckermünde, é un político alemán.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Amthor medrou en Torgelow con súa nai, preparadora de operadores nun centro de atención telefónica[1], sen case ter relación con seu pai[2]. Entre 2012 e 2017 estudou dereito na Universidade de Greifswald, e dende 2017 está a elaborar a súa tese de doutoramento[3], colaborando tamén como traballador independente para o bufete berlinés de White & Case LLP.

Amthor no Bundestag en 2019

Militante dende 2008 da CDU e das súas mocidades, é membro da executiva das mocidades do partido en Mecklemburgo-Antepomerania dende 2010 e mentres realizaba os seus estudos traballou como voluntario para parlamentarios, tanto do seu lander como federais. No seo da CDU está considerado como conservador[4] e así declarouse contra do enfoque integrado de xénero e do matrimonio entre persoas do mesmo xénero[2], e foi un dos iniciadores dos denominados círculos conservadores (Konservativen Kreises) no CDU de Mecklemburgo-Antepomerania.

Presentouse ás eleccións ao Bundestag de 2017 pola circunscrición de Mecklenburgische Seenplatte I – Vorpommern-Greifswald II logrando a acta de deputado[5], converténdose no deputado máis novo por mandato directo da XIX lexislatura, e o segundo máis novo de todos os deputados da lexislatura. No Bundestag pertence á comisión do interior e de asuntos europeos[6]. Amthor tamén é membro da Europa-Union Deutschland[7], a sección alemá da Unión dos Federalistas Europeos. Dende 2018 forma parte da executiva federal das mocidades da CDU[8].

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. Frédéric Schwilden (30 de xuño de 2018). "Jüngster CDU-Abgeordneter: Pervers penibel". Die Welt. 
  2. 2,0 2,1 Daniel Sippel (23 de setembro de 2017). "CDU-Wahlkämpfer Philipp Amthor: Er ist 24 und will in den Bundestag". Spiegel. 
  3. "CDU-Mann Philipp Amthor: Mit 24 in den Bundestag". Spiegel. 25 de setembro de 2017. 
  4. Lisa Kleinpeter (26 de setembro de 2017). "Philipp Amthor (CDU): Der Junge mit der Hornbrille". Schweriner Volkszeitung. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2019. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  5. "Philipp Amthor ist der Jüngste". Handelsblatt. 25 de setembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  6. Deutscher Bundestag. "Abgeordnetenprofil: Philipp Amthor". 
  7. "Philipp Amthor, Homepage der Europa-Union Deutschland". Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  8. Webseite der Jungen Union. "Unser Bundesvorstand".