PewDiePie: Legend of the Brofist
| PewDiePie: Legend of the Brofist | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Wikidata |
PewDiePie: Legend of the Brofist é un videoxogo de acción e plataformas desenvolvido e publicado polo estudio independente canadense Outerminds Inc., en colaboración con PewDiePie. O xogo foi lanzado para iOS e Android o 24 de setembro de 2015 e converteuse no xogo de pago con maior recadación nas App Store dos Estados Unidos tan só dúas horas despois do seu lanzamento.[1][2] As versión para Microsoft Windows e macOS foron lanzadas o 10 de decembro de 2015, co modo cooperativo adicional.
PewDiePie tivo aspiracións de lanzar o seu propio videoxogo dende había moito tempo, e en decembro de 2014, revelou ós seus seguidores que estaba a colaborar con Outerminds Inc. para crear un videoxogo baseado en el. Estivo moi involucrado no desenvolvemento do xogo para asegurarse que de que sería ó máis semellante a como o querían os seus seguidores.[3]
O xogo inclúe referencias a vídeos seus e elementos da cultura popular, ademais das voces de CinammonToastKen, Markiplier, Cryaotic (Cry), JackSepticEye e CutiePieMarzia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Think Gaming (ed.). "Top Grossing iPhone Games (Sep 24, 2015)". Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2019. Consultado o 12 de setembro de 2016.
- ↑ Tubefilter (ed.). "PewDiePie’s Video Game Soars To #1 On The App Store Charts".
- ↑ YouTube (ed.). "Let's Make A Game!".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)