Petrópolis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPetrópolis
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 22°30′18″S 43°10′44″O / -22.505, -43.1789Coordenadas: 22°30′18″S 43°10′44″O / -22.505, -43.1789
EstadoBrasil
Unidades da federaciónEstado do Río de Xaneiro Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación278.881 (2022) Editar o valor em Wikidata (360,03 hab./km²)
Xeografía
Superficie774,606 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude838 m-872 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1843 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Órgano lexislativoCâmara Municipal de Petrópolis (pt) Traducir Circunscrición: 0, (Escano: 13) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal25680-000 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico24 Editar o valor em Wikidata
Código de concello do Brasil3303906 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webpetropolis.rj.gov.br Editar o valor em Wikidata

Petrópolis é unha cidade brasileira situada no Estado do Río de Xaneiro, nas montañas da Serra dos Órgãos. Ten unha área de 774,606 km² e unha poboación estimada de 302.477 habitantes para o ano de 2004. Sitúase a uns 68 km da capital do estado, Río de Xaneiro pola estrada BR-040 e a 463 km da cidade de São Paulo.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi a primeira cidade proxectada do Brasil. Antes de ser construída, a rexión era coñecida como Fazenda do Córrego Seco, e servía como pasaxe do Río de Xaneiro ao estado de Minas Gerais. Chámase Petrópolis (ou sexa, a cidade de Pedro) en homenaxe ao seu fundador, o emperador Pedro II. O clima agradable da rexión atraiu a Familia Real brasileira, que alí construíu a súa estancia de verán. Para acoller a corte foron construídos moitos palacios e construcións luxosas.[1] Ademais, foron "importadas" 600 familias de inmigrantes alemáns no século XIX para colonizar a área.

Museo Imperial de Petrópolis, na antiga vivenda de verán do Emperador Pedro II

Aínda hoxe os descendentes da familia real teñen terras na rexión.

Economía[editar | editar a fonte]

O seu agradable clima, as súas construcións históricas, e a abundante vexetación da Serra dos Órgãos e as súas montañas serven como grandes atractivos turísticos. Ademais, a cidade posúe un activo comercio e servizos e tamén produción agropecuaria (na que destacan as plantacións de froitas de clima temperado) e industrias.

Turismo[editar | editar a fonte]

Palacio de Cristal. Construído como unha estufa para exposicións de plantas
  • Museo Imperial
  • Palacio de Cristal
  • Palacio Quitandinha
  • Casa de Santos Dumont
  • Palacio Río Negro
  • Casa da Princesa Isabel
  • Catedral de San Pedro de Alcántara
  • Palacio Amarelo
  • Palacio Grão Pará
  • Trono de Fátima
  • Casa de Joaquim Nabuco
  • Florália
  • Morro Açu (Parque Nacional da Serra dos Órgãos)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Emperor Street". World Digital Library. 1860-1870. Consultado o 2013-08-24. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]