Peter Sinfield

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Peter Sinfield
Nome completoPeter John Sinfield
Data nacemento27 de decembro de 1943 (80 anos)
Nado enFulham, Londres Inglaterra Inglaterra
Ocupaciónletrista, compositor, músico, produtor
Xénerorock progresivo, art rock
Instrumento(s)voces, guitarra, sintetizadores
Relacionado conKing Crimson
Tempo en activoanos 60 - presente
Na rede
http://www.songsouponsea.com
IMDB: nm3518390 Musicbrainz: 186e2b86-4824-4c90-83f0-fe97808caa9a Discogs: 253144 Allmusic: mn0000321322 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Peter John Sinfield, nado o 27 de decembro de 1943, é un poeta e compositor inglés. É coñecido sobre todo por ser cofundador e antigo letrista da banda King Crimson, cuxo álbum de estrea In the Court of the Crimson King está considerado un dos primeiros e máis influíntes discos do rock progresivo.[1]

As letras de Sinfield son coñecidas polas súas imaxes surrealistas, a miúdo involucrando conceptos comúns da fantasía,natureza ou o mar. Ás veces tamén tratan de conceptos emocionais e de conceptos históricos. Posteriormente na súa carreira adaptou o seu estilo de cmposición para adaptarse á música pop, escribindo varias exitosas cancións a artistas como Celine Dion, Cher, Cliff Richard, Leo Sayer, Five Star, e Bucks Fizz.

En 2005 Sinfield foi mencionado como un "heroe do rock progresivo" na revista Q polo seu traballo lírico e influencia na industria da música.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "In the Court of the Crimson King (King Crimson) - ulike.net". web.archive.org. 2009-08-30. Archived from the original on 30 de agosto de 2009. Consultado o 2022-12-15. 
  2. "Peter Sinfield: Prog Rock Hero ~ Q Magazine 2005". www.songsouponsea.com. Consultado o 2022-12-16.