Peter Howson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Peter Howson
Nacemento 27 de marzo de 1958
  Londres
Nacionalidade Reino Unido
Educado en Escola de Arte de Glasgow
Ocupación pintor
Premios oficial da Orde do Imperio Británico
editar datos en Wikidata ]

Peter Howson, nado en Londres o 27 de marzo de 1958, é un pintor escocés, Cabaleiro da Orde do Imperio Británico desde 2009.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Howson é fillo de pais escoceses, e mudouse a Prestwick coa súa familia con catro anos. Foi soldado de infantaría na Royal Highland Fusiliers, mais abandonou a carreira militar para se dedicar ao estudo de arte. Estudou na Glasgow School of Art de 1975 a 1977 e de 1979 a 1981.

A súa obra abrangue varias teméticas. Os seus primeiros traballos amosan homes da clase traballadora, como The Heroic Doss (1987). En 1993 foi comisionado polo Museo Imperial da Guerra de Londres para ser o pintor oficial durante a Guerra de Bosnia. Durante a súa estadía en Bosnia e Hercegovina produciu algunhas das súas pinturas máis chocantes e controversas, documentando as atrocidades que por entón decorrían, como Plum Grove (1994). Foi novamente o pintor de guerra oficial en 1999 durante a Guerra de Kosovo oara o London Times.[1]

Nos últimos tempos a súa obra derivou cara á temática relixiosa, relacionándose coa súa conversión ao Cristianismo no ano 2000 logo de se someter a tratamento contra o alcoholismo e drogodependencia.

En 1998 realizou un selo conmemorativo dos feitos de enxeñaría para os Correos británicos. Foi autor tamén de capas de álbums para grupos de rock e pop.

Está representado nalgúns dos principais museos do mundo, incluíndo a Tate Modern, en Londres, o Imperial War Museum, en Londres, a Galería Nacional Escocesa de Arte Moderna, en Edimburgo, o Metropolitan Museum of Art de Nova York e o Museo Nacional de Arte Moderna, de Nova York.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Witness in paint", The Economist, 20 de maio de 1999 (en inglés).
  2. Peter Howson Curriculum Vitae