Peter Hans Kolvenbach

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Peter Hans Kolvenbach
Peterhanskolvenbach.jpg
Sacerdote da Igrexa católica armenia
Biografía
Nacemento30 de novembro de 1928 en Druten, Países Baixos
Pasamento26 de novembro de 2016 en Beirut, Líbano
Ordes
Ordenación sacerdotal29 de xuño de 1961
Xeneral da Compañía de Xesús
1983 - 2008
PredecesorPedro Arrupe
SucesorAdolfo Nicolás Pachón

Peter Hans Kolvenbach, nado o 30 de novembro de 1928 en Druten (Países Baixos) e finado o 26 de novembro de 2016 en Beirut (Líbano), foi o 29º xeneral da Compañía de Xesús.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Naceu o 30 de novembro de 1928 en Druten,[1] onde pasou a súa infancia e mocidade, e cursou os seus estudos secundarios no Colexio Canisio de Nijmegen.[1] O 7 de setembro de 1948 comezou o novizado na Compañía de Xesús[1] en Mariendaal. Logo de completar os estudos de Filosofía no Berchmanianum de Nijmegen, foi enviado ao Líbano, onde doutorouse en Teoloxía pola Universidade San Xosé de Beirut. O 29 de xuño de 1961 foi ordenado sacerdote da Igrexa católica armenia.[1]

Pasou os seguintes anos dedicado á investigación, especificamente lingüística. Entre 1964 e 1976 ensinou Lingüística xeral e oriental na Haia e en París, para volver despois a Beirut, onde foi profesor de Lingüística xeral e Armenio na Universidade San Xosé, até 1981, cando foi nomeado reitor do Pontificio Instituto Oriental.

Xeneral dos xesuítas[editar | editar a fonte]

O 7 de agosto de 1981 o xeneral Pedro Arrupe sufriu unha trombose cerebral no avión de volta a Roma. Malia vivir por dez anos máis, quixo renunciar como xeneral, e propuxo a Vincent O'Keefe como sucesor interino. Porén, o papa Xoán Paulo II interveu e nomeou a Paolo Dezza como interino. Dous anos máis tarde, o mesmo papa permitiu aos xesuítas elixir a un novo xeneral, e na Congregación Xeral da Compañía de setembro de 1983 foi elixido o p. Kolvenbach.

Renuncia[editar | editar a fonte]

O 2 de febreiro de 2006 Kolvenbach informou á súa congregación da súa intención de renunciar en 2008, ao cumprir 80 anos. O 14 de xaneiro de 2008 a orde aceptou a súa renuncia e elixiu a Adolfo Nicolás como sucesor. Kolvenbach finou en Beirut o 26 de novembro de 2016.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 O'Neill, Charles E.; Domínguez, Joaquín María, eds. (2001). Diccionario histórico de la Compañía de Jesús (en castelán) 2. Universidade Pontificia Comillas. pp. 1705–1706. ISBN 9788484680383.