Saltar ao contido

Peter Charles Doherty

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPeter Charles Doherty

(2017) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de outubro de 1940 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Brisbane, Australia Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Edimburgo
Universidade de Queensland
Indooroopilly State High School Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoInmunoloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónimmunólogo, veterinario, catedrático Editar o valor en Wikidata
EmpregadorSt. Jude's Children's Research Hospital (1988–)
Universidade de Melbourne
Universidade de Tennessee
Universidade de Sussex Editar o valor en Wikidata
Membro de
Interesado enInmunoloxía Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteMedvik >>>:Doherty, Peter C., 1940-, Editar o valor en Wikidata
Sitio webpeterdoherty.com.au Editar o valor en Wikidata
Twitter: ProfPCDoherty Bluesky: pcdoherty.bsky.social Editar o valor en Wikidata

Peter Charles Doherty (nado o 15 de outubro de 1940)[1] é un inmunólogo australiano gañador do premio Nobel.[2]

Doherty recibiu o Premio Albert Lasker de Investigación Médica Básica en 1995, o Pemio Nobel de Fisioloxía ou Medicina xunto con Rolf Martin Zinkernagel[3] en 1996 e foi nomeado Australiano do Ano en 1997.[4] No Día Australiano das Honras de 1997, nomeárono Camarada da Orde de Australia polo seu traballo con Zinkernagel.[5] É tamén un dos Tesouros Vivos Australianos.[6]

En 2009 como parte das celebracións Q150, a investigación sobre o sistema inmunitario de Doherty foi anunciado como unha das iconas Q150 de Queensland polo seu papel en "innovación e invención" icónica.[7] En 2012, Doherty foi nomeado profesor honorario da Escola de Bioquímica e Inmunoloxía no Trinity College Dublin.[8]

Vida e educación

[editar | editar a fonte]

Peter Charles Doherty naceu no suburbio de Brisbane en Sherwood o 15 de outubro de 1940, fillo de Eric Charles Doherty e Linda Doherty (nada Byford).[9][10] Creceu en Oxley,[11] e asistiu á Indooroopilly State High School (que agora ten un teatro de conferencias que leva o seu nome).

Despois de obter a súa licenciatura en ciencias veterinarias en 1962 da Universidade de Queensland, traballou como funcionario veterinario rural para o Departamento de Agricultura e Gando de Queensland e despois fixo un traballo de laboratorio no Instituto de Investigación Animal do Departamento.[12] Alí coñeceu á graduada en microbioloxía Penelope Stephens coa que casou en 1965.[12] Doherty obtivo o seu máster en veterinaria en 1966 da Universidade de Queensland.[13]

Doutorouse en Patoloxía[14] en 1970 na Universidade de Edimburgo, Escocia,[15] despois volveu a Australia para continuar as súas investigacións na Escola de Investigación Médica John Curtin da Universidade Nacional Australiana en Canberra.

Investigacións e carreira

[editar | editar a fonte]

En 1988, Peter Doherty foi catedrático do Departamento de Inmunoloxía do Hospital de Investigación para Nenos de S. Jude en Memphis, Tennessee, cargo que mantivo ata 2001. As investigacións de Doherty centráronse[16][17] no sistema inmunitario e o seu traballo gañador do premio Nobel describía como as células inmunitarias do corpo nos protexen dos virus. El e Rolf Zinkernagel, que compatiu con el o premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina de 1996, descubriron como as células T recoñecen os seus antíxenos diana en combinación coas proteínas do complexo maior de histocompatibilidade (MHC).[18]

Os virus infectan as células hóspede e reprodúcense dentro delas. As células T asasinas destrúen esas células infectadas para que os virus non poidan reproducirse. En estudos sobranceiros en ratos co virus da coriomeninxite linfocítica (LCMV), Rolf Zinkernagel e Doherty demostraron que unha célula T recoñece unha diana infectada só cando detecta simultaneamente (i) un antíxeno peptídico viral e (ii) unha molécula específica propia do complexo maior de histocompatibilidade de clase I (MHC I) exposta na superficie da célula diana. Este recoñecemento faino un receptor da célula T (TCR) da superficie da célula T.

O MHC fora previamene identificado como o responsable do rexeitamento de tecidos incompatibles en transplantes. Zinkernagel e Doherty descubriron que o MHC era tamén responsable de combater o virus da meninxite.[19]

Outros premios e honras

[editar | editar a fonte]

Ademais do premio Nobel e outros premios e honras xa mencionadas ao comezo do artigo, Doherty foi elixido membro da Academa Australiana de Ciencias (FAA) en 1983[20] e membro da Real Sociedade (FRS) en 1987.[21] En 1997, recibiu o Premio Placa de Ouro da Academia Americana de Logros.[22] Leva o seu nome o Instituto Peter Doherty para as Infeccións e a Inmunidade (Instituto Doherty), unha empresa conxunta entre a Universidade de Melbourne e Melbourne Health. Alberga un grupo de expertos en infeccións e inmunoloxía humanas e empezou a funcionar en 2014.[23] Foi elixido membro de honra da Academia de Ciencias Médicas (FMedSci) en 2015.[24] Ese mesmo ano foi elixido membro da Academia Australiana de Ciencias da Saúde e Médicas (FAHMS).[25] En abril de 2017 entrou como membro na Real Sociedade de Victoria (FRSV).[26]

a Escola de Ciencias John Monash,[27] o Moreton Bay Boys College,[28] e o Murrumba State Secondary College[29] teñen unha casa que leva o seu nome.

Publicacións non académicas

[editar | editar a fonte]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

En 2021, Peter Doherty e a súa muller Penny vivían en Melbourne.[31] Teñen dous fillos, Michael, un neurólogo que traballa nos Estados Unidos,[32] e James, un avogado que traballa en Melbourne,[12] e seis netos.[33] Aumentou a súa fama en 2020 durante a pandemia de COVID-19 cando accidentalmente escribiu en Twitter a frase 'horario de apertura de Dan Murphy' en lugar de buscalo na web (Dan Murphy é unha licorería).[34][35]

Doherty actualmente pasa tres meses ao ano realizando investigacións no Hospital de Investigación de Nenos S. Jude en Memphis, Tennessee, onde é membro da facultade no Centro de Ciencias da Saúde da Universidade de Tennessee a través do Colexio de Medicina da Universidade de Tennessee.[36] Os outros 9 meses do ano traballa no Departamento de Microbioloxía e Inmunoloxía da Universidade de Melbourne, Victoria.

  1. Anon (2017). "Doherty, Prof. Peter Charles". Who's Who (online Oxford University Press ed.). Oxford: A & C Black. doi:10.1093/ww/9780199540884.013.13865.
  2. "Laureate Professor Peter Doherty AC". University of Queensland. 2 de novembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 2 de novembro de 2018. Consultado o 2 de novembro de 2018. 
  3. "Peter Doherty - Nobel Prize Inspiration Initiative". Nobel Prize Inspiration Initiative. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2013. Consultado o 26 de setembro de 2013. 
  4. Lewis, Wendy (2010). Australians of the Year. Pier 9 Press. ISBN 978-1-74196-809-5. 
  5. "It's an Honour - Honours - Search Australian Honours". www.itsanhonour.gov.au. Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2019. Consultado o 30 de xullo de 2009. 
  6. "Peter C. Doherty, PhD". Arquivado dende o orixinal o 5 de setembro de 2015. Consultado o 30 de agosto de 2015. 
  7. Bligh, Anna (10 de xuño de 2009). "PREMIER UNVEILS QUEENSLAND'S 150 ICONS". Queensland Government. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2017. Consultado o 24 de maio de 2017. 
  8. "Trinity Appoints Three Nobel Laureates as Honorary Professors". Dublín. 2012. 
  9. "Births". The Courier-Mail. 21 de outubro de 1940. p. 6, col. 1. Consultado o 2 de setembro de 2021. 
  10. "Peter C. Doherty - Biographical". Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2016. Consultado o 7 de marzo de 2017. 
  11. "Antipodes Science: Peter Doherty...downloaded". New Scientist. 23 de novembro de 1996. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2020. 
  12. 12,0 12,1 12,2 Collis, Brad. "Survival of the Cells". Innovation Intelligence. Arquivado dende o orixinal o 2 de setembro de 2021. Consultado o 2 de setembro de 2021. 
  13. "Laureate Professor Peter Doherty AC". University of Queensland. 2 de novembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 2 de novembro de 2018. Consultado o 4 de novembro de 2018. 
  14. "The American Association of Immunologists - Peter C. Doherty". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2020. 
  15. Doherty, Peter Charles (1970). Studies in the experimental pathology of louping-ill encephalitis (Tese). hdl:1842/17153. 699841. 
  16. Peter Doherty publications indexed by Google Scholar Edit this at Wikidata
  17. Peter Doherty publications indexed by the Scopus bibliographic database. (subscription required)
  18. Hawkes, Nigel (8 de outubro de 1996). "Immunity scientists win Nobel prize". The Times (Londres). p. 13. 
  19. "The Nobel Prize in Physiology or Medicine 1996". Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2018. Consultado o 25 de outubro de 2018. 
  20. "Peter Doherty". Australian Academy of Science (en inglés). Consultado o 2025-09-18. 
  21. "Peter Doherty". royalsociety.org. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2018. Consultado o 12 de xuño de 2018. 
  22. "Golden Plate Awardees of the American Academy of Achievement". www.achievement.org. American Academy of Achievement. Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2016. Consultado o 22 de xuño de 2020. 
  23. "Peter Doherty Institute, University of Melbourne". Arquivado dende o orixinal o 6 de xullo de 2014. Consultado o 8 de xullo de 2014. 
  24. "Report of the Annual Fellows' Meeting 2015 - The Academy of Medical Sciences". www.acmedsci.ac.uk. Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2016. Consultado o 7 de xaneiro de 2016. 
  25. "Fellowship | AAHMS – Australian Academy of Health and Medical Sciences". www.aahms.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2018. Consultado o 2018-06-26. 
  26. "Elected Fellows of the Royal Society of Victoria - The Royal Society of Victoria". The Royal Society of Victoria (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 7 de xullo de 2017. Consultado o 2018-06-27. 
  27. "House Programs". www.jmss.vic.edu.au (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2018. Consultado o 2018-06-26. 
  28. "Moreton Bay Boys' College School House Program". Moreton Bay Boys' College (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2018. Consultado o 2018-06-26. 
  29. "Murrumba State Secondary College". murrumbassc.eq.edu.au (en inglés). 2011-09-15. Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2019. Consultado o 2019-01-28. 
  30. Alberici, Emma (2015-08-25). "Interview: Peter Doherty, Nobel Prize Winner for Medicine in 1996" (en inglés). Australian Broadcasting Corporation. Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2022. Consultado o 2022-08-27. 
  31. Willis, Olivia (13 de xullo de 2021). "Nobel prize winner Peter Doherty on navigating COVID-19 and life in lockdown". ABC News. Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2021. 
  32. Walker, Jamie (4 de abril de 2020). "Coronavirus is just as lethal as Spanish flu, Nobel laureate Peter Doherty warns". The Australian. Arquivado dende o orixinal o 4 de setembro de 2021. 
  33. Durkin, Patrick (8 de maio de 2020). "'I'm 79, I won the Nobel Prize and I don't give a s---'". Australian Financial Review. Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2020. 
  34. @. "Dan Murphy opening hours" (Chío) – vía Twitter. 
  35. McGowan, Michael (27 de abril de 2020). "Nobel prize-winning immunologist accidentally asks Twitter when he'll be able to get a drink". The Guardian. Consultado o 9 de xaneiro de 2024. 
  36. "UTHSC people search". Arquivado dende o orixinal o 2 de abril de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]