Peter Bosz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Peter Bosz
Rostov-Ajax (8).jpg
Información persoal
Nome completo Peter Bosz
Nacemento 21 de novembro de 1963
Lugar Apeldoorn, Países Baixos
Altura 1'75 m
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Ajax (adestrador)
Carreira xuvenil
OBV
Apeldoornse Boys
AGOVV Apeldoorn
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1981–1984 Vitesse 81 (2)
1984–1985 AGOVV Apeldoorn (afeccionados)
1985–1988 RKC Waalwijk 105 (4)
1988–1991 SC Toulon 93 (0)
1991–1996 Feyenoord 155 (6)
1996–1997 JEF United Ichihara 36 (3)
1998 Hansa Rostock 14 (0)
1998–1999 NAC Breda 26 (1)
1999 JEF United Ichihara[1] 11 (0)
Selección nacional
1991–1995 Países Baixos 8 (0)
Adestrador
2000–2002 AGOVV Apeldoorn
2002–2003 De Graafschap
2004–2006 Heracles Almelo
2006–2009 Feyenoord (director técnico)
2010–2013 Heracles Almelo
2013–2016 Vitesse
2016 Maccabi Tel Aviv
2016– Ajax
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Peter Bosz, nado o 21 de novembro de 1963 en Apeldoorn, é un ex-xogador e adestrador de fútbol dos Países Baixos, desde xullo 2016 é o adestrador do AFC Ajax.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bosz (dereita) e Ruud Gullit co equipo nacional holandés en 1988.

Centrocampista de éxito, Bosz comezou a súa carreira profesional c Vitesse en 1981 e logo dunha cesión en 1984 ao AGOVV Apeldoorn, entón afeccionado, volveu ao fútbol profesional co RKC Waalwijk (1985-1988) para pasar despois ao fútbol francés co SC Toulon (1988-1991) tras do que volveu aos Países Baixos para xogar durante seis tempadas co Feyenoord (1991-1996). En 1996 fichou polo equipo xaponés JEF United Ichihara (1996–97), ao que lle seguiu o club alemán Hansa Rostock (1997–98) e o holandés NAC Breda (1998–99). Retirouse no termo do ano 1999 após un segundo período con JEF United Ichihara.

Bosz en 1988

Adestrador[editar | editar a fonte]

O seu primeiro club como adestrador foi o AGOVV Apeldoorn (2000-2002) co que logrou en 2002 o campionato de afeccionados. Comezou no fútbol profesional en 2002 como adestrador do De Graafschap (2002–2003), o equipo rematou o último e baixou á segunda división. O seu seguinte equipo foi o Heracles Almelo (2004–2006), na primeira tempada quedou primeiro da segunda división e logrou o pase á máxima categoría na seguinte tempada asegurou a súa permanencia ao rematar no 13º lugar.

En xullo de 2006 aceptou unha oferta como director técnico do Feyenoord, e así foi responsable das fichaxes (entre outros) de Giovanni van Bronckhorst, Roy Makaay, Tim de Cler, Kevin Hofland e Denny Landzaat.[2] Deixou o posto o 14 xaneiro de 2009 pola súa oposición ao despedimento do primeiro adestrador Gertjan Verbeek.[3]

No verán de 2010 volveu ao Heracles Almelo, ao substituír a Verbeek que fichara polo AZ Alkmaar. O equipo finalizou oitavo na liga, asegurándose a súa participación na rolda de cualificación para a competición europea, onde o eliminou o FC Groningen e o Heracles acabou 12º nas tempadas 2011–12 e 2012–13. Deixou o club en 2013.

Vitesse[editar | editar a fonte]

O 19 de xuño de 2013 Bosz converteuse en adestrador do Vitesse, asinando un contrato de dous anos, acompañouno como segundo Hendrie Krüzen procedente tamén do Heracles. En novembro de 2013 o Vitesse era primeiro da liga por primeira volta desde 2006, e a metade da tempada mantiña a posición, non obstante o equipo rematou na sexta praza.

A tempada seguinte Bosz estendeu o seu contrato ata 2016 e xunto co director técnico Mohammed Allach desenvolveu un plan plurianual, no que lle outorgaba á canteira do Vitesse un papel fundamental, así como ao desenvolvemento do ataque. Na tempada 2014–15 o Vitesse rematou quinto cualificándose para a rolda de clasificación europea. Derrotou ao PEC Zwolle na semifinal e ao SC Heerenveen na final, asegurándose a súa participación na terceira rolda da UEFA Europa League 2015-16. Cando Bosz deixou o equipo, no inverno da tempada 2015–16, o Vitesse era quinto.

AFC Ajax[editar | editar a fonte]

Tras unha breve estada en Israel, dirixindo o Maccabi Tel Aviv de xaneiro a maio de 2016,[4] firmou polo AFC Ajax por tres anos.[5] No seu primeiro partido de competición o 27 de xullo o seu equipo empatou 1–1 contra o PAOK na terceira rolda de cualificación para a Liga de Campións,[6] e no seguinte partido perdeu 5–2 contra o FC Rostov.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "1999Jリーグ ディビジョン1". so-net.ne.jp. Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2011. Consultado o 22 de xaneiro de 2012. 
  2. "Manager Bosz 'blij dat nieuw Feyenoord vorm krijgt' / Ook Makaay en Hofland bij nieuwkomers in Kuip". Trouw. 3 de setembro de 2007. 
  3. Seizoengids 2010/2011. Voetbal International. p. 108.
  4. Peter Bosz appointed Ajax manager on three-year deal, Sky News, 25 de maio de 2016
  5. "Ajax hire Peter Bosz to replace the departing Frank de Boer". ESPN. 24 de maio de 2016. 
  6. ""Ajax 1-1 PAOK"". UEFA.com. 27 de xullo de 2016. 
  7. "Four-time European champions Ajax missed out on a place in the Champions League group stage after losing 4-1 to Rostov". BBC Sports. 24 de agosto de 2016.